InicioDEPORTESO Volei Zalaeta sementa talento

O Volei Zalaeta sementa talento

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • O club precisa máis instalacións para desenvolverse.

—-

Un club de instituto que é toda unha referencia da categoría de prata do voleibol español dende a fundación da SuperLiga Feminina 2. Compite máis arriba que o mesmo Deportivo, a pesar de que a súa visibilidade sexa infintamente menor.

Así é o Volei Zalaeta Autos Cancela. O cadro herculino é un todo un exemplo de perserverancia, de dedicación, de demostración de que a canteira pode, tendo en conta que falamos dun equipo que non paga ás súa xogadoras (apenas ofrece aloxamento a algunhas de fóra) pero compite con equipos profesionais.

O Club ten un orzamento de arredor dos 100.000 euros, cun 80% provinte da Xunta, sobre todo, e do Concello. E cos cartos do primeiro equipo sufragan a metade das categorías inferiores, que ten que cobranr cota mensual ás familias, sobre todo polos desprazamentos, xa que a meirande parte dos 14 equipos compiten en Ligas Autonómicas.

Son 140 nenas as que forman parte desta familia, que serían moitas máis de dispoñer de máis espazos para adestramentos. “Este ano tivemos que rexeitar 50 solicitudes de rapazas da cidade por non ter espazo onde adestrar”, recoñece o adestrador Jorge Barrero Amor.

Recoñece que o club recibiu un aluvión de solicitudes á saída da pandemia, de aí que o seu crecemento dependa dun novo pavillón. Porque o pequeno pavillón que teñen detrás do Instituto fica máis que saturado cada semana, e o pavillón do Barrios das Flores, o que lle corresponde, é compartido.

A competicións

Foi unha bombonera o pavillón o pasado venres. O equipo recibía a todo un Leganés, inmerso na loita polo ascenso. As herculinas tiñan un dos últimos trens e fixeron un partidazo pero caeron 2-3 nun apretado 5º set. Comandadas por unha espectacular Emma Ordóñez, as herculinas foron quen de manter a incerteza ata o final, pero acabaron caendo por 20-25/25-17/18-25/25-23/9-15).

Quedan na 5ª praza, a 6 puntos da terceira praza, que dá acceso ao playoff de ascenso.

Sementando

rptnb

Nas bancadas do Barrios das Flores, ademais do bombo habitual, había un grupo procedente do CEIP Torre de Hércules. A rapazada escolleu o Barrio das Flores por diante de Riazor, uns días despois de que a xogadora e adestradora da base Andrea Rivas, e o preparador físico Emilio, acodisen á chamada da ANPA para dar unha masterclass na actividade extraescolar de voleibol.

Xogadora e preparador aprendéronlle moitas cousas á máis de 40 rapaces e rapazas do centro de ensino de Monte Alto, espallando así a semente. Seguro que algunha rapaza acaba no club veciño.

Volei Zalaeta no Torre de Hercules

ÚLTIMAS

Análise: Que foi do interese xeral na reordenación urbanística da fachada litoral nas Xubias?

Moito se ten falado das Xubias dende que en xullo o Concello lle entregaba...

O avogado do presunto agresor de Samuel Luiz: “podía ocorrerlle a calquera que estivese alí”

A defensa de D.M.M., o mozo que presuntamente iniciou a agresión a Samuel Luiz...

Así foi a alerta nos móbiles da veciñanza da Coruña e Arteixo por un simulacro de accidente na refinaría

Eran as 10:41h deste martes 15 de outubro (soou outa vez ás 10:56h) cando...

Fillas de Breogán viaxan a Lyon para disputar o torneo de clubs máis importante a nivel europeo do fútbol gaélico

O equipo feminino de fútbol gaélico da Coruña, Fillas de Breogán, vai participar no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here