InicioOPINIÓNOs coidadores de pacientes con enfermidade de Alzheimer: ‘pacientes ocultos’ que pasan...

Os coidadores de pacientes con enfermidade de Alzheimer: ‘pacientes ocultos’ que pasan desapercibidos

Publicada o

Por editor

O coidado dos pacientes con enfermidade de Alzheimer recae maioritariamente nun familiar próximo que asume a súa labor movido por un deber moral e un profundo vínculo afectivo pero sen ter, a cambio, remuneración económica ou destrezas para implementar ben a súa labor.

Tradicionalmente, esta figura tiña nome de muller -en probable relación con factores de índole psicobiolóxica ou menor empregabilidade-, pero hoxe en día, os cambios sociais a nivel demográfico e de estrutura familiar fai posible que cada vez haxa máis coidadores homes que integran o coidado a un enfermo dependente nas súas tarefas diarias. Existe unha tendencia, e tamén unha recomendación, que defende que os enfermos deben de permanecer o maior tempo posible vinculados á familia a á comunidade en aras de preservar os lazos afectivos e manter as rutinas, cousas que parecen incidir positivamente nunha maior estabilidade clínica. Neste escenario que se presenta como ideal, a familia asume una carga importante que empeza a xestarse cando reciben un diagnóstico devastador que altera a súa dinámica, desencadeando todo tipo de desaxustes en diferentes aspectos, motivo polo cal, esta enfermidade, cualifícase como ‘enfermidade familiar’.

Diferentes estudos que deixan patente o deterioro físico, emocional e de saúde que sofren los coidadores. Os coidadores, infradiagnosticados e cun escaso coñecemento da enfermidade, amosan un incremento considerable da frecuencia de enfermidades psicolóxicas e físicas, adoitan ter maiores niveis de ansiedade e depresión, síntomas somáticos, sensación de illamento social, peores niveles saúde auto-percibida, e precisan de atención psicolóxica e consumo de fármacos psicotrópicos en maior medida que a poboación xeral. Ademais, un coidador sobrecargado ou desorientado ten moitas posibilidades de instaurar pautas de coidado pouco axeitadas para o enfermo.

Chegado a este punto, sería necesario reflexionar sobre si as institucións, que descansan o traballo de coidados nas familias aforrando con iso importantes custes, están a altura de corresponder de maneira equitativa a quen dedica anos da súa vida a coidar sen descanso, porque o coidado de larga duración é como ter á comida ó lume, nunca se pode deixar sen atender.

Ana Diaz Cortés, socióloga, doutora en Saúde e depkendencia pola Universidade da Coruña

ÚLTIMAS

As praceiras solicitan a suspensión de licitación municipal dos postos do Mercado de San Agustín

As placeiras do mercado de San Agustín veñen de remitir un escrito por rexistro...

As traballadoras das Escolas Infantís Municipais reclaman na rúa “feitos concretos”

Pasan os meses, pero as condicións das traballadoras da Rede de Escolas Infantís Municipais...

Nova xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día por un convenio digno

As traballadoras das residencias privadas de maiores e dos centros de día están secundaron...

Fiscalía mantén a súa petición de condena para o alcalde de Oleiros pola derriba da Casa Carniceiro

O Ministerio Público mantivo a súa petición de condena a 15 meses de prisión,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here