InicioECONOMÍASabes canto cobrarán as dependentas de Inditex?

Sabes canto cobrarán as dependentas de Inditex?

Publicada o

Por editor

Inditex chegou a un acordo cos sindicatos fixando un salario mínimo fixo desde 18.000 euros a todos os traballadores das súas tendas das diferentes marcas do grupo de toda España, cantidade á que se engadirán outras retribucións variables como as vinculadas á antigüidade, comisións ou nocturnidade, entre outras.

Este xoves finalizou o proceso de negociacións desde que comezou o pasado mes de outubro cun acordo que segundo indica nunha comunicado UGT, “soluciona algunha das inxustizas que se producían no grupo, e por fin empeza un camiño de homoxeneidade nas distintas marcas e territorios”.

Así, establécese un salario mínimo fixo para o conxunto dos traballadores das tendas do grupo independentemente do convenio colectivo de aplicación do seu salario fixo, sen contar os conceptos vinculados á antigüidade así como todos os conceptos variables (comisións, incentivos, nocturnidade,…) e os pluses que abonaInditex que non aparecen en convenio.

Segundo as táboas que se acordaron, o grupo I (dependenta e caixeira de menos de 18 meses de antigüidade) cobrará como mínimo 18.000 euros anuais; o grupo II (dependenta e caixeira de 18 meses e 4 anos de antigüidade) cobrará 20.000 euros anuais; o grupo III (dependenta e caixeira de 4 anos de antigüidade en diante) terá un salario de 22.000 euros ao ano e o grupo IV (responsables, caixeira central) cobrará 24.500 euros anuais.

Ademais, a estas cantidades dos grupos sumaránselle os conceptos vinculados á antigüidade, así como todos os conceptos variables (comisións, incentivos, nocturnidade,…) que aparezan en cada convenio colectivo de aplicación e os pluses ou complementos que abona Inditex e non aparecen no convenio colectivo de aplicación,nos territorios que os teñan.

Tamén se especifica no acordo que as persoas traballadores dos grupos II, III e IV, cuxos ingresos fixos estean por encima das cantidades antes mencionadas, garánteselles un mínimo de 600 euros ao ano ou a que “resulte necesaria para que a diferenza coa garantía de ingresos fixos anuais sexa de 1.000 euros ao ano.

INCREMENTOS CONFORME AO IPC

Neste sentido, as cantidades mencionadas incrementaranse conforma ao IPC en cada un dos anos de vixencia e todos os importes abonaranse en 12 mensualidades. Así mesmo son para xornadas completas, prorrateándose para xornadas parciais.

Con estas cantidades hai territorios en España que terán unha subida de máis de 6.000 euros ao ano e supón unha subida media dun 20 por cento, os territorios con salario máis baixo chegan a un 40 por cento de subida, sen contar os puntos seguintes.

AXUDAS SOCIAIS

Entre outras cousas, o grupo téxtil pactou con UGT e CCOO axudas aos traballadores de 450 euros polo nacemento dun fillo; ata 170 euros ao mes para gardaría e/ou comedor (sempre que non sexa gratuíta) por fillo; 200 euros ao ano para material escolar por fillo de entre 3 a 18 anos; ata 500 euros para a universidade por fillo e 600 euros en axudas para adopción internacional.

Así mesmo, melloran as axudas xa existentes e inclúen na axuda de familiar a cargo cunha discapacidade do 33 por cento ou máis o grao de dependencia I e II, e subir a cantidade a 200 euros ao mes, ata segundo grao de consanguinidade e afinidade. Inclúese á persoa traballadora.

DOMINGOS E FESTIVOS

En canto aos domingos que sexan fore da xornada ordinaria ou voluntarios, abonaranse a 12 euros a hora máis unha hora libre ou 24 euros a hora a elección da persoa traballadora.

Ademais, os domingos que sexan xornada ordinaria abonaranse a 10 euros a hora. Os festivos, sexa ou non xornada ordinaria, abonaranse a 12 euros a hora máis unha hora libre ou 24 euros a hora a elección do traballador.

COMISIÓNS E INCENTIVOS

Entre outras cuestións, Inditex pactou subir a porcentaxe de comisión para todas as marcas a un 1,4 por cento. Isto garante unha subida nas comisións en todas as marcas, sendo igual paratodas. Actualmente, a comisión por venda oscila entre o 0,8%, a marca que menos ten, e 1,2% a que máis.

Finalmente, en canto ao incentivo especial ou bonus, na nómina de febreiro de 2023 e na de 2024 todo o persoal das tendas cobrará 1.000 euros (contratos de 24 horas ou máis) e 600 euros (contrato de menos de 24 horas).

Este acordo terá unha vixencia de tres anos e empezará a aplicarse na nómina de marzo de 2023 con carácter retroactivo desde xaneiro deste ano.

ÚLTIMAS

Investigan a aparición dun cadáver nun camión do lixo na planta de reciclaxe na Coruña

A Policía Nacional abriu unha investigación pola aparición dun cadáver nun colector na planta de reciclaxe de...

O servizo de Teleasistencia da Cruz Vermella coida máis de 2.200 maiores na Coruña

Recibía esta mañá a sede da Cruz Vermella da Coruña, a visita institucional comandada...

A Coruña acolle o acto ‘As elixidas’ con líderes locais de Cabo Verde, Mozambique ou Brasil

O Palacio Municipal de María Pita acolleu este martes o acto de apertura do...

A Coruña rende homenaxe aos Mártires de Brens

Norberto Recamán Lago, Florentino Canosa Barreiro, José Lago Fernández, Teófilo Mejuto Leis, Perfecto Trasmonte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here