InicioSOCIEDADEA Comisión de Atención Primaria cualifica de "insuficiente" a incorporación de 16...

A Comisión de Atención Primaria cualifica de “insuficiente” a incorporación de 16 enfermeiras

Publicada o

Por A Comisión de Atención Primaria cualifica de "insuficiente" a incorporación de 16 enfermeiras

O Sergas incorporou 16 novos profesionais de enfermaría á Atención Primaria da área sanitaria da Coruña e Cee, co que o número de profesionais elévase a 339 nos centros de saúde.

As novas prazas son tanto de estabilización como de nova creación. En concreto, oito van destinados a Puntos de Atención Continuada e outro oito a diferentes centros de saúde.

Sobre este anuncio, a Comisión de Atención Primaria da área sanitaria cualificou de “insuficiente” a citada contratación, ademais de demandar un incremento de profesionais de todas as categorías.

“A incorporación deste número de enfermeiras e enfermeiros para os máis de 70 centros de saúde e PACs que ten esta área non soluciona o problema de sobrecarga de traballo“, apostila.

ÚLTIMAS

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

A UDC admite “incidencias puntuais” nas matriculacións de estudantes

A Universidade da Coruña (UDC) admitiu a existencia de "incidencias puntuais" na tramitación das...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...