InicioPOLÍTICAMarea Atlántica, sobre a candidatura de Unidas Podemos: "Estamos centrados na elaboración...

Marea Atlántica, sobre a candidatura de Unidas Podemos: “Estamos centrados na elaboración do programa”

Publicada o

Por editor

O candidato da Marea Atlántica á Alcaldía da Coruña, Xan Xove, insistiu en que a plataforma municipalista está “aberta a calquera persoa” que queira traballar polo futuro de “unha Coruña máis xusta, máis verde, máis democrática e máis feminista”, pero ha pronunciarse sobre a candidatura de Unidas Podemos. “Estamos centrados na elaboración do programa”, expuxo.

Así o manifestou a preguntas dos xornalistas sobre un posible achegamento co candidato de Unidas Podemos, José Manuel Sande. “Seguimos traballando, estamos centrados na elaboración do programa participativo”, explicou Xove, quen destacou que o seu obxectivo é “ter citas coa maior parte posible de entidades” da cidade da Coruña e “avanzar no programa electoral”.

OFICINA DE DEREITOS

O líder de Marea Atlántica fixo estas declaracións tras a presentación dos resultados da Oficina dos Dereitos no 2022, un servizo de asesoría gratuíta a persoas vulnerables en risco de exclusión.

Ambos informaron de que ao longo do pasado ano este organismo prestou apoio a 97 persoas que “necesitaban axuda para afrontar situacións de indefensión ante a burocracia da administración pública”, cifra que supón un “incremento do 54%” respecto ao 2021.

CITA PREVIA “OPCIONAL”

Pola súa banda, Xove incidiu nos problemas causados pola cita previa obrigatoria nas administracións. Neste sentido, anunciou que a Marea Atlántica vai levar ao pleno da próxima semana unha moción para que a cita previa “sexa opcional”.

ÚLTIMAS

A MMM convoca a manifestación do 25N no centro e a Plataforma PICUS na praza Pablo Iglesias

Este mércores é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e son varias...

Denuncian un novo contrato privatizador da área sanitaria da Coruña-Cee

A CIG-Saúde da Coruña denuncia a aposta do Goberno galego por continuar privatizando a...

Zombies contra a turistización do Xacobeo, videoxogo “made in Coruña”

A produtora coruñesa Melgo Cinema lanza o que presenta como "primeiro videoxogo dun Xacobeo",...

Última fase das obras que unirán as dúas partes dos Xardíns de Méndez Núñez

Unha comitiva municipal supervisou este luns a fase final das obras que se están...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here