InicioOPINIÓNNon me toquen a Roald Dahl

Non me toquen a Roald Dahl

Publicada o

Por Beatriz Alfonso Espiñeira

Roald Dahl é un dos meus escritores favoritos de literatura infantil (se é que iso existe).
Que levante a man quen non lera As bruxas, Matilda, Charlie e a fábrica de chocolate, James e o pexego xigante, A marabillosa medicina de George ou Os cretinos. Vexo poucas mans por aí, normal, todas estas historias forman parte das nosas primeiras lecturas e do imaxinario colectivo de centos de miles de infancias.
Pais cretinos, avoas malignas e os seus netos vengativos, bruxas calvas que comen nenos,
nenos que lles cheiran a caca de can, nenas que len con avidez ou unha fábrica que calquera neno soña visitar billete dorado mediante.

Pois ben, resulta que estes días saltou a noticia de que, instada pola organización Inclusive Minds, Penguin Books, a editorial inglesa de Dahl, decidiu rescribir os seus libros para facelos inclusivos, didácticos e políticamente correctos. Deste xeito Augustus Bloom pasará de ser gordo a ser enorme (que non sei eu que é mellor ou peor), advertirase de que existe xente calva por causas diferentes á bruxería (non me digas), Matilda non lerá só a autores homes senón tamén a Jane Austen (que seguro que tamén lle encantaría lela pero non obrigada), os Oompa Loompa serán xente e non homiños, e eliminarase calquera referencia a brancos, negros, etnias e demáis barbaridades.

A miña opinión é Totalmente En Contra, sen dúbidas, sen fendeduras nen medias tintas, en radical homenaxe ao meu adorado Dahl, que tamén era radical, moito máis ca eu, onde vai parar.
Non estamos a falar de versionear ó autor, nin de adaptar as súas obras a diferentes idades, nin de facer novos contos ilustrados a partires das súas historias.
Estamos falando de mutilar e macelar a súa obra, quitando, cambiando, engadindo e advertindo.
Que cativada lectora desexa que lle advirtan que o que vai ler é gamberro, inapropiado ou sinxelamente groseiro?, que neno ou nena quere que os censores lle borren as pasaxes máis chocantes ou indignas?.

E se algún rapaz, ou máis ben os seus proxenitores meu pobre, quere iso, pois que lea O monstro do cores ou algún deses libros con moral (ou peor, moralina) final, seguro que aprende a ser un equilibrado cidadán, pero tamén asegúrovos que rirá moito menos e terá menos espírito crítico e rebeldía.

Última hora! Alfaguara e Santillana, dúas das editoriais que publican a Roald Dahl en español, anuncian que non van retocar as obras que levan publicando dende finais dos anos setenta.
Suspiro un pouco aliviada, aínda que temos que ficar alerta porque a censura é teimuda e non descansa.
Longa vida a Roald Dahl sen edulcorar!

 

  • Beatriz Alfonso. Xurista, iogui en grao de tentativa e lectora apaixoada.

Máis artigos de Beatriz Alfonso

ÚLTIMAS

A Coruña, designada oficialmente como sede do Mundial 2030

Por fin, a FIFA acaba de aprobar oficialmente a candidatura de Riazor como sede...

O pleno ratifica a suspensión cautelar do Plan das Percebeiras

Paso atrás do Concello sobre o polémico proxecto de urbanización das Percebeiras. Se no...

O IES Puga Ramón ten “Moito Coidado” coas Infeccións de Transmisión Sexual

O IES Rafael Puga Ramón acollía onte a estrea do spot “Moito coidado”, que...

O funcionariado sae á rúa para esixir unha solución ao concerto sanitario de MUFACE

A asistencia sanitaria de máis de 1.500.000 funcionarias e funcionarios está pendente da a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here