InicioSOCIEDADERueda inaugurou a remodelación do pavillón polideportivo de Monte Alto

Rueda inaugurou a remodelación do pavillón polideportivo de Monte Alto

Publicada o

Por europapress

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do vicepresidente segundo, Diego Calvo, visitou hoxe o pavillón de Monte Alto para comprobar como quedaron as obras de remodelación do pavillón deportivo de Monte Alto.

Unhas obras que remataron o pasado 14 de febreiro, e que xa trouxeron a súa polémica pola aparición de pingueiras.

No acto, Rueda destacou o investimento de máis de dous millóns de euros en melloras en pavillóns deportivos da Coruña e, en particular, destacou as actuacións levadas a cabo no de Monte Alto, cun investimento duns 445.000 euros. Como Diego Calvo, resaltou os servizos que presta nun acto con presenza tamén da alcaldesa, Inés Rey, quen apelou á colaboración institucional nesta materia.

O presidente da Xunta asiste á inauguración das obras de remodelación do Pavillón Polideportivo Monte Alto

ÚLTIMAS

O Festival Noroeste presenta a súa programación por días e espazos

O XXXIX Festival Noroeste Estrela Galicia presentou a súa programación por días e escenarios....

A Coruña estreará o luns as paradas de bus en Obelisco e Copacabana, polas obras en Cantón Pequeno e praza de Mina

A Coruña estreará este luns as novas paradas de transporte urbano no Obelisco e...

O Festival Manicómicos arrincou as primeiras risas da finde

Arrincou este xoves a 25ª edición do Festival Manicómicos. Como o ano pasado, a...

Inés Rey reivindica a posta a disposición de vivendas públicas todos os demandantes

A alcadesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a posta a disposición do parque público...