InicioOPINIÓNOcio, negocio e ocupación da vía pública

Ocio, negocio e ocupación da vía pública

Publicada o

Por Ricardo Vales

A vida nas cidades desembocou nun clima tan abundante de comunicación que para moitos dos seus habitantes os bares son a morada das súas vidas. Ninguén pode negar que estar de tertulia nun bar resulta confortábel para intercambiar ideas e ampliar o círculo de amizades, nun tempo no que o aillamento social é a base de moitos dos problemas que padecen algúns cidadáns, cada vez máis anónimos para outros dos seus conveciños.

A miúdo parece que descobrimos aquela silueta fugaz do home das multitudes, aquelo que anticipara Edgar Allan Poe como unha lúcida profecía do noso tempo a través do gosto polo privado e polos amigos como eixos da nosa existencia. Calquera pode ser escoitado e comprendido cando enumera as súas desgrazas tentando buscar o recoñecemento e o amor dos demais a tantas desesperanzas. Boa parte de orgullo coruñés radica precisamente na condición de dispor  de lugares que nos permiten conectar, socializar, ser parte da comunidade na que vivimos.

A este respecto, a hostelería  é un servizo básico en calquera cidade e, como tal, debe ser recoñecido, mais a cidade non pode estar ao servizo só dos consumidores. Bastou a pandemia para que A Coruña sofrira a invasión de montaxes instalados na vía pública, baixo o pretexto de axudar a unha industria fortemente castigada pola crise sanitaria.  Mais a sospeita é que chegouse demasiado lonxe. Así que comprendo o malestar de moita xente cando tropeza con estas estructuras na vía pública. O ocio de moitos é aquí, por exceso, o negocio da hostelería. A circunstancia de que A Coruña sexa un proverbial lugar turístico non pode condicionar que unha parte dos seus habitantes teñan que soportar esa situación nos seus paseos habituais nen vivir como unha indiscutíbel condena cando teñen que abrirse paso.

Unha terraza dun bar en María Pita / EFE

A rúa, nas súas múltiples formas, é un espazo multifuncional de propiedade pública, de uso público e de mantemento público, un espazo de todos, un espazo de liberdade para camiñar, para estar, para reunirse, para charlar, en definitiva, espazos de misterio, incontrolados, máxicos, seductores no sentido da xestión e da organización social que convidan á interación a pe de rúa. Mentres á hostelería concedéuselle unha categoría de excepción trala crise sanitaria como recompensa, moitos cidadáns encaixan mal comprobar esa masa de estructuras e sillas alineadas nas rúas como obstáculos que se interpoñen no se camiño e que xa vai configurando a nova paisaxe dunha cidade na que non todos escollen o mesmo modo de vivir e de soportar esta situación.

Alguén podería pensar que esta cuestión carece de importancia, mais no fondo comporta unha actitude abandonista que podería extenderse a outros ámbetos da cidade e porque aí radica toda unha concepción do respecto ao común, mais que tamén serve para coñecer o grao de influenza dos espazos da cidade na normalización da vida cotián considerando as rúas e prazas como lugares cidadáns e non só de consumidores.

Cada zona en que se divide a cidade cumpre unha función que dispón da súa ordenanza e a súa prohibición. Así que haberá que seguir lembrando que cidade significa conxunto de cidadáns e non só de consumidores, porque facelo conduce a esquecer o importante: as rúas como espazos de reunión, festa, xogo, balbordo, ou sexa, o espazo da xente. Sería moi oportuno este momento eleitoral para esixir a revisión e regulación destos montaxes na vía pública para que non se traspasen os límites da tolerancia.

Ricardo Vales é expresidente da Asociación Veciñal de atochas-Monte Alto e responsábel de Comunicacióndo Club de Opinión Foro Cívico e da plataforma cívica Defensa do Común. 

ÚLTIMAS

“Reformar a Primaria é facela protagonista, cando a día de hoxe está sendo a última dentro do sistema sanitario”

Celebrouse esta mañá de luns 13 de abril unha Concentración no Centro de Saúde...

A nai de acollida que ameazou cunha folga de fame logra que a Xunta escolarice o seu fillo na Coruña

A coruñesa Carmen Villar, que ameazou cunha folga de fame ao considerar que a...

Aberto o prazo para os cursos culturais do Fórum e do Ágora

Despois de 3 meses de parálise, e moito lío, o Concello abre os días...

As traballadoras das grandes cadeas do textil e calzado póñense en folga

Asinar un novo convenio a nivel estatal e recurtar dereitos adquiridos polas traballadoras na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here