InicioMOV. SOCIAIS#8M: A Coruña saíu á rúa nunha mobilización transversal

#8M: A Coruña saíu á rúa nunha mobilización transversal

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Milleiros de persoas saíron ás rúas este mércores 8 de Marzo, co gallo do Día da Muller Traballadora e no marco da mobilización convocada pola Marcha Mundial das Mulleres e a Plataforma Feminista Galega.

A manifestación partíu ás 20:00h o Obelisco e ateigou a arteria principal da cidade ata a súa chegada, contra ás 21:00h, á Praza das Cigarreiras. Unha mobilización transversal, con xentes de todas as idades, cores políticas (agás o azul e o verde), con moita presencia da realidade “trans” pero tamén con algún signo de división, como a petición de dimisión de Irene Montero entre algún dos numerosos colectivos participantes.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)


A mobilización tiña como obxectivo visibilizar todas as eivas que aínda lle queda á sociedade para alcanzar unha igualdade real, tanto en materia de violencia de xénero, como rezaba o lema unitario ‘contra a violencia machista, revolta feminista’; como en termos de precariedade laboral dos traballos femininizados como o sector dos coidados e asistencia a domicilio. Tamén escoitáronse proclamas abolicionistas, intentando acabar con calquera elemento instaurado polo patriarcado.

Soaron cánticos de todo tipo, dende os máis clásicos como ‘aquí está, aquí vese, o feminismo galego en pé’, a outros máis combativos como ‘Mulleres contra o capital, contra o machismo, contra a guerra”.

Especial protagonismo merecen as pancartas deseñadas pola cidadanía, a cada cal máis ilustrativa e enxeñosa.

ÚLTIMAS

Novo paso adiante do contrato de Nostián coas dúbidas da oposición

Anunciou onte o goberno local a aprobación na Xunt de Goberno do seguinte paso...

Topónimos en voo rasante: a comedia aérea de Galicia

Nesta húmida esquina do mundo chamada Galicia, onde a néboa non só alaga os...

A Xunta reforza o Bono Remuda cun incremento do 20 % para garantir o relevo xeracional

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na apertura do...

UGT e CC.OO. celebrarán na Coruña o 1 de maio “pola saúde laboral” e “pola paz”

UGT e CC.OO. advertiron ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de que “en tres...