InicioSUCESOSUn ferido nun accidente de tráfico no límite entre A Coruña e...

Un ferido nun accidente de tráfico no límite entre A Coruña e Culleredo

Publicada o

Por europapress

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns nun accidente de tráfico ocorrido na zona limítrofe entre os concellos da Coruña e Culleredo. Segundo a información do 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 8,00 horas, cando dous vehículos chocaron na Avenida de Nova York, en Culleredo.

Ata a zona desprazáronse os Bombeiros, dado que inicialmente críase que a persoa ferida estaba atrapada no vehículo, aínda que, finamente, non foi necesaria a súa intervención. Ao atoparse nunha área limítrofe entre dous concellos, foron activados os efectivos do parque comarcal, en Arteixo. Tamén foron mobilizados efectivos sanitarios do 061.

ÚLTIMAS

Maghúa celebra 20 anos de música: “Seguimos fieis á raíz”

O grupo de canto tradicional Maghúa presenta Tribo, o seu novo traballo discográfico, que...

Pequeno catálogo de “patrimonicidios”

O pasado 27 de febreiro a alcaldesa da Coruña calificou como «patrimonicidio» a antiga...

Dous alumnos do instituto de Elviña representarán a Galicia nun debate de oratoria na ONU

Os alumnos Omar Badriev Gazizov e Lois Queijeiro Varela, do Instituto Plurilingüe de Elviña...

Sorprendidos oito menores de idade mentres realizaban pintadas e botellóns no interior dos muíños de Acea de Ama

A Policía Local de Culleredo localizou a un grupo de oito rapaces omo presuntos...