InicioA CORUÑAAs obras do Novo CHUAC arrincarán antes de que remate o ano

As obras do Novo CHUAC arrincarán antes de que remate o ano

Publicada o

Por editor

Tras moitas idas e voltas, o Concllo da Coruña e a Xunta de Galicia acadaron este martes un acordo para impulsar o Novo Chuac. Así o anunciaron as dúas entidades esta mañá en rolda de prensa, na que destacaron que o obxectivo é comezar as obras comecen antes de que remate este 2023.

Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na Coruña; a Conselleira Ethel Vázquez e o Concelleiro de Economía acenda e Réxime Interior e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage Tuñas durante a rolda de prensa
Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na Coruña; a Conselleira Ethel Vázquez e o Concelleiro de Economía acenda e Réxime Interior e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage Tuñas durante a rolda de prensa

Unhas obras que duplicarán a superficie hospitalaria, aumentará un 15 % o número de camas e chegará a 40 quirófanos, contando cos accesos axeitados e con 1.400 prazas de aparcadoiro.

Unhas obras que afectarán a numerosas vivendas do arredor. Precisamente da expropiación ocuparase a Xunta (aseguran que ofrecendo opcións para que os expropiados poidan contar cunha nova vivenda na zona), no marco do investimento de 500 millóns de euros previsto.

Había un punto importante a solventar, xa que ao ser o Concello o titular da meirande parte dos terreos de ocuparse da expropiación, debería pasar a ser titular tamén do hospital público.

Para solventalo, o Concello mantén o investimento de 22,2 millóns, pero dedicados exclusivamente ás vías de acceso (agás a AC12 que pasará a ser autonómica), que serán de competencia municipal e, ademais de dar servizo ao Chuac, tamén serán importantes para a Cidade das TIC, para o desenvolvemento dos nosos barrios e os accesos que se xeran arredor do Novo Chuac”.

ÚLTIMAS

A inxustiza, o relato, e a xentrificación poden levar por diante o mellor momento do Deportivo

Teño 51 anos e son o son o socio número 1423 do Deportivo. Levo...

A Xunta activa para este sábado unha alerta laranxa por treboadas e choivas en toda a provincia da Coruña

A Xunta activou para este sábado unha alerta laranxa por treboadas e choivas en...

Renfe recupera este sábado a circulación ferroviaria na estación da Coruña tras dúas semanas de obras

Renfe recupera este sábado a circulación ferroviaria na estación da Coruña, unha vez rematada...

Marta e os seus fillos quedan: A mobilización volve demostrar que “xuntos somos forza”

Centos de berros de felicidade encheron o barrio de Monelos cando, despois de máis...

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here