InicioSUCESOSDetidos tras ser sorprendidos "in fragnti" mentres roubaban nun coche na Coruña

Detidos tras ser sorprendidos “in fragnti” mentres roubaban nun coche na Coruña

Publicada o

Por europapress

A Policía Nacional detivo na madrugada deste luns a dous homes que foron sorprendidos polos axentes mentres roubaban un vehículo estacionado no centro da Coruña.

Os feitos ocorreron ao redor das 4,00 horas da madrugada do luns, cando varios axentes de Seguridade Cidadá sorprenderon ‘in fraganti’ a dous homes no interior dun vehículo estacionado na rúa Juan Florez, ao que accederan rompendo un dos portelos.

Ante a presenza policial, e para evitar a súa detención, os homes fuxiron en diferentes direccións. Os axentes saíron a perseguilos e interceptáronos na rúa Alfredo Vicenti con Praza de Lugo.

Ademais deste coche, a Policía localizou outros dous vehículos nas rúas Francisco Mariño e Betanzos, próximas aos feitos, nos que tamén roubaran fracturando os seus portelos. Os detidos levaban nas súas mochilas diversos aveños que foran subtraídos dos vehículos roubados, así como un desaparafusador.

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...