InicioCULTURA"Garabato", da herculina Alicia Úbeda, a única curta galega seleccionada no ZINEBI...

“Garabato”, da herculina Alicia Úbeda, a única curta galega seleccionada no ZINEBI 68

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Segue asentándose Brava no panorama audiovisual galego. Como tamén o fai a directora Alicia Úbeda (A Coruña, 1995). Despois de lanzar “Ratiña” en 2025, a directora herculina avanza na súa triloxía “Cousas de nenas” con “Garabato”.

Unha curta que revisita a infancia da autora poñendo o foco en como as primeras experiencias na familia se vinculan cas feridas adultas. Alicia explora o potencial sanador do cinema sobre a propia narrativa de vida, enfocándose non só na orixe da dor, senón nos puntos de vista e intencións amorosas que pode retratar unha cámara con certa distancia temporal do sesgo da ferida.

A produción coruñesa proxéctase no Spain Shorts ZINEBI o 21 de novembro, sendo a única curta galega seleccionada.

Alicia Ubeda-Foto-Miriam-Bou
Alicia Ubeda-Foto-Miriam Bou

En cámara está tamén dúas artistas emerxentes da cidade, xa que o elenco está composto por Gisela Suárez no seu debut no cinema, Iria Sobrado no papel de nai, e Carmen García repetindo como Velia, que en Ratiña sufría ao seu pai, Luís Zahera.

Neste caso, Alicia coida dunha nai adicta, e identifícase con ese rol como se fosea forma de merecer amor, e que a realidade non se desmorone. A película explora como pode comezar o rol de salvadora dunha muller, así como un patrón de abandono que ten que ver coa fidelidade coa dor da súa nai, e co conflicto co masculino que Alicia proxecta na ausencia física do pai.

Impactante a labor de Carmen e Gisela. Carmen non tiña formación previa, e foi pescada no casting cando apenas tiña 7 anos. Agora repite.

Gisela ten 23, e despois de pasar por IES de Monelos, estudou 4 anos de interpretación na escola corulesa La Tuerka e ten un talento natural. Ambas son actrices moi intuitivas que permitiron que o traballo fose moi doado, como se goza en pantalla.

GARABATO_POSTER_CAPAS

Máis novas

“Ratiña”, a curta de Alicia Úbeda e Luís Zahera, estreouse en Ribadeo

ÚLTIMAS

A Xunta de Persoal solicita un calendario real, financiamento e solucións ante a demora nas obras do novo CHUAC

A Xunta de Persoal da Área sanitaria da Coruña e Cee achegouse esta mañá...

Rematan as obras de humanización da praza Manuel Guitián, na Segunda Fase de Elviña

Visita municipal esta mañá para poñer fin ás obras de humanización e mellora da...

29N.- Figaredo insiste en que Vox e BNG pelexan un escano pola Coruña e chancea con que non hai protestas por ser domingo

O portavoz nacional de Economía, Enerxía e Desregulación de Vox, José María Figaredo, visitou...

Estas son as imaxes do Calendario da Coruña 2027

Vén de escoller o Concello da Coruña as 13 imaxes que formarán parte do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here