Vén de escoller o Concello da Coruña as 13 imaxes que formarán parte do calendario municipal do 2027. O calendario distribuirase nas próximas semanas en quioscos, comercios e librarías.
O xurado estivo formado polos fotoxornalistas César Quián, Carlos Pardellas e Xabier Quintana. Tamén estivo integrado por Andy Pérez, responsable de fotografía do Concello. A alcaldesa, Inés Rey, e os membros da corporación Nereida Canosa, Roberto Coira e Francisco Jorquera, tamén formaron parte do xurado. Xunto ás 13 imaxes seleccionadas (12 para os meses do ano e unha para a portada), o almanaque completarase con fotografías históricas da cidade.
Este ano, o calendario irá encabezado pola frase ‘A Coruña, luz do Atlántico’.
● Portada: Eduardo Mosqueira.
● Xaneiro: Chencho Mendoza.
● Febreiro: Daniel Martí.
● Marzo: Jéssica Dopico Tuimil.
● Abril: Carlos Briones Bioslada.
● Maio: David Couce.
● Xuño: Manuel Candal.
● Xullo: Saturio Maderuelo.
● Agosto: Xabier R. Blanco.
● Setembro: Xoan Eiras.
● Outubro: Rosa Cagiao Pérez.
● Novembro: Óscar Ferreiro.
● Decembro: Daniel López Cao.
Máis novas
O Concello presenta unha nova edición do calendario histórico
Estas son as imaxes escollidas para o Calendario da Coruña 2025
Estas son as imaxes escollidas para o Calendario da Coruña de 2024













