InicioA CORUÑAA Xunta de Persoal solicita un calendario real, financiamento e solucións ante...

A Xunta de Persoal solicita un calendario real, financiamento e solucións ante a demora nas obras do novo CHUAC

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Xunta de Persoal da Área sanitaria da Coruña e Cee achegouse esta mañá a Santiago de Compostela para facer entrega dun escrito dirixido ao conselleiro de Sanidade reclamando “un calendario real, financiamento e solucións” ás consecuencias que a demora nas obras do novo CHUAC está a ter tanto para o persoal como para a asistencia que se presta ás persoas doentes.

A presidenta do órgano de representación, Lucía Peón Soutiño, lembra que as primeiras previsións situaban o remate das obras do novo complexo no ano 2027 pero “agora xa se atrasaron até 2032 e nin sequera rematado de todo”.

Por iso, demandaron á Consellaría un cronograma “actualizado, realista e por escrito, con datas de inicio, remate e posta en funcionamento de cada fase”; información detallada sobre o financiamento dispoñíbel; unha explicación do proxecto asistencial definitivo, “aclarando o futuro do Hospital Materno-Infantil e do Hospital Oncolóxico”; medidas inmediatas para abordar a saturación de urxencias; así como un plan de accesibilidade e un aparcadoiro.

Peón Soutiño alerta que o atraso nas obras está a provocar a saturación das urxencias e o uso da terceira cama en moitas unidades de hospitalización “sen espazo adecuado e con graves dificultades para mobilizar as persoas dependentes”. Mentres, as obras da torre polivalente permanecen sen avances visíbeis e os servizos administrativos desprazados a IFECO sen data de retorno.

A maiores, engade a presidenta da Xunta de Persoal, “a día de hoxe é imposíbel aparcar e dende a Xerencia xa trasladaron que no novo CHUAC aínda haberá menos prazas gratuítas dispoñíbeis, pasando todo  a ser aparcadoiro privado de pago”.

 

Protesta polo aparcamento

Traballadoras por un aparcamento no CHUAC

En paralelo, este mércores terá lugar unha concentración no aparcamento convocado polas traballadoras sanitarias da comarca de Bergantiños, que levan meses solicitando unha liña de autobús que una Carballo coa zona sanitaria da Coruña.

En boa medida fano pola falta de aparcamento, e polos prezos abusivos do aparcamento privado xestionado pola empresa Aparcisa Aparcamiento Ciudad Sanitaria S.A.). A compañía está administrada por Inversiones Subel S.L., o holding patrimonial encabezado polo empresario lugués Luis Fernández Somoza (unha das grandes fortunas de Galicia, o ex dono de Azkar) e as súas fillas (Elisa, Susana e Belén Fernández Paradela). Aparcisa é a propietaria dos terreos e opera como nun parking privado cun ben tan básico como a sanidade.

Máis novas

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña denuncia “continuos atrasos” nas obras de ampliación do Chuac

ÚLTIMAS

Rematan as obras de humanización da praza Manuel Guitián, na Segunda Fase de Elviña

Visita municipal esta mañá para poñer fin ás obras de humanización e mellora da...

29N.- Figaredo insiste en que Vox e BNG pelexan un escano pola Coruña e chancea con que non hai protestas por ser domingo

O portavoz nacional de Economía, Enerxía e Desregulación de Vox, José María Figaredo, visitou...

Estas son as imaxes do Calendario da Coruña 2027

Vén de escoller o Concello da Coruña as 13 imaxes que formarán parte do...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here