InicioBARRIOSO mercado provisional de Monte Alto abre este mércores na praza de...

O mercado provisional de Monte Alto abre este mércores na praza de Indalecio Prieto

Publicada o

Por editor

Tras varias semanas sen aquí nin acolá, as praceiras do Mercado de Monte Alto poderán volver a traballar a partir deste mércores 29 de marzo. Farano, con algo de retraso (anunciaran que sería despois do Entroido) na nova carpa instalada na Praza Indalecio Prieto (cun custe de 850.000 euros), polo menos durante os 26 meses que duren as obras da praza do corazón do barrio.

O Concello decidiu aplicar unha suspensión do prazo de duración das concesións como compensación polo seu traslado. Deste xeito, as concesións de praceiros e praceiras estenderanse 10 meses máis, tendo o Goberno de Inés Rey a capacidade de ampliala aínda máis en función do funcionamento do mercado provisional.

As obras

As obras de renovación do mercado de Monte Alto son unha intervención fundamental para o barrio, que gañará en servizos e calidade dos seus espazos públicos. Os traballos teñen un prazo de execución de 26 meses e un investimento de 10,4 millóns de euros.

Tras varias intentonas fallidas nos últimos anos, proxectos botados abaixo, afronta a reforma da praza a UTE composta polas empresas Prace Servizos e Obras e Xestión Ambiental de Contratas. A obra realizará tamén a reforma da escola infantil de Monte Alto e da praza. Actuarase tamén sobre a rúa Joaquín González, que quedará peonalizada e reurbanizada.

Proxecto reforma mercado de Monte Alto
Proxecto de reforma da praza do mercado de Monte Alto

ÚLTIMAS

A alcaldesa da Coruña apunta a “motivos persoais” detrás da dimisión de Noemí Díaz

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, insistiu en que a dimisión da...

O #Aquítaménsefala tamén leva un premio da Real Academia Galega

Segue cambiando a historia da lingua galega a mocidade do IES Rafael Dieste. O...

As festas de María Pita: arte, música e cultura no corazón da Coruña

A cantante Luz Casal abrirá o 1 de agosto as festas de María Pita,...

O voceiro do PP local da Coruña reitera a súa denuncia por suposto acoso sexual a tres funcionarias municipais

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, reiterou...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here