InicioBARRIOSO mercado provisional de Monte Alto abre este mércores na praza de...

O mercado provisional de Monte Alto abre este mércores na praza de Indalecio Prieto

Publicada o

Por editor

Tras varias semanas sen aquí nin acolá, as praceiras do Mercado de Monte Alto poderán volver a traballar a partir deste mércores 29 de marzo. Farano, con algo de retraso (anunciaran que sería despois do Entroido) na nova carpa instalada na Praza Indalecio Prieto (cun custe de 850.000 euros), polo menos durante os 26 meses que duren as obras da praza do corazón do barrio.

O Concello decidiu aplicar unha suspensión do prazo de duración das concesións como compensación polo seu traslado. Deste xeito, as concesións de praceiros e praceiras estenderanse 10 meses máis, tendo o Goberno de Inés Rey a capacidade de ampliala aínda máis en función do funcionamento do mercado provisional.

As obras

As obras de renovación do mercado de Monte Alto son unha intervención fundamental para o barrio, que gañará en servizos e calidade dos seus espazos públicos. Os traballos teñen un prazo de execución de 26 meses e un investimento de 10,4 millóns de euros.

Tras varias intentonas fallidas nos últimos anos, proxectos botados abaixo, afronta a reforma da praza a UTE composta polas empresas Prace Servizos e Obras e Xestión Ambiental de Contratas. A obra realizará tamén a reforma da escola infantil de Monte Alto e da praza. Actuarase tamén sobre a rúa Joaquín González, que quedará peonalizada e reurbanizada.

Proxecto reforma mercado de Monte Alto
Proxecto de reforma da praza do mercado de Monte Alto

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here