InicioA CORUÑAEmpresari@s de ASCEGA, veciñ@s e oposición responsabilizan ao goberno da mala xestión...

Empresari@s de ASCEGA, veciñ@s e oposición responsabilizan ao goberno da mala xestión das licenzas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Convocaba unha reunión onte a Asociación de Empresarios de Galicia (ASCEGA) para analizar a xestión das licenzas municipais. Xa a semana pasada o seu presidente Antonio Salazar criticara os retrasos na aprobacións das licenzas, e hoxe quixo corrobar esa tese coa sociedade herculina.

Ademais das impresións que lles trasladan os empresari@s e autónom@s internamente, entidades veciñais, particulares, promotores e representantes dos grupos municipais do PP, BNG e Podemos, compartiron “a parálise que sofre o Concello coruñés en materia de Urbanismo, a existencia dunha intolerable duplicidade de criterios que premia a uns e castiga a outros, e a absoluta falta de transparencia que existe para controlar a xestión das licenzas municipais”.

Ata 3 anos de retrasos nos permisos

Máis de 50 asistentes “expresaron as súas amargas experiencias, tanto no que se refire á tramitación de comunicacións previas como ás licenzas de obras menores e maiores, nas que en ocasións acumulan atrasos de máis de 3 anos desde a solicitude do permiso”.

Critican ademais o “escurantismo” xeralizado nos procedementos, e bromearon coa nova APP anunciada a semana pasada por José Manuel Lage, chegando a afirmar que con ela ‘A Coruña está na Primeira División de innovación tecnolóxica’, pero que “non mesmo permite o seguimento dos trámites de calquera expediente municipal”.

ÚLTIMAS

Avanzan cara unha nova fase as obras de remodelación nos Cantóns

As obras de remodelación dos Cantóns enfilan unha nova fase de actuacións que, a...

Queres saber cales son os primeiros grupos confirmados do Festival Noroeste?

Echo & The Bunnymen, Bongeziwe Mabandla e Mari Froes conforman as primeiras confirmacións do...

Cazan na Coruña a un ciberdelincuente “altamente activo” que estafou máis de 440.000 euros a empresas

A Garda Civil e a Ertzaintza, no marco da operación conxunta Zigula-Nigal, procederon á...

A Xunta avala a planta de residuos en Arteixo no informe de impacto ambiental

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicou este venres no Diario Oficial...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here