InicioSOCIEDADEEstes son os restaurantes e as comidas galegas que máis lles gustan...

Estes son os restaurantes e as comidas galegas que máis lles gustan aos coruñeses

Publicada o

Por editor
Raxo, pementos de padrón e polbo. Estas son as tres platos tradicionais máis demandados polos usuarios de Glovo. Esta tecnolóxica acaba de presentar a 2ª edición do seu estudo sobre o consumo de gastronomía tradicional española a domicilio. O Barómetro GastroEspaña lista as receitas máis consumidas polos usuarios de Glovo durante 2022 nas máis de 400 cidades do país nas que a app está dispoñible.
O estudo revela que os galegos pediron a domicilio máis de 12.000 racións de raxo, receita popular galega que consiste en carne de lombo de porco troceada e adobada con allo. Por localidades, A Coruña, Santiago de Compostela, e Vigo, son as que máis pediron este prato tradicional. O raxo favorito dos usuarios de Glovo en Galicia sérvese en Raxaria As Neves, fundado en 1970 na Coruña, seguido pola Tita e Milongas situado en Santiago de Compostela.
Os pementos de padrón son o segundo prato do ranking en Galicia. En concreto, pedíronse un total de 3.000 unidades en 2022. Por establecementos,  o restaurante favorito dos lucenses é Fonte do Rei. En segundo lugar, o Restaurante O Cruceiro, situado en Pontevedra e recoñecido polos seus pementos de padrón recheos de carne. Cabe destacar que o 40% dos pedidos que conteñen pementos de padrón sérvense como acompañamento doutro produto, do mesmo xeito que as patacas fritas.
En terceira posición atópase o polbo á galega con máis de 2.500 pedidos desta receita tradicional, un 50% máis que en 2021. Vigo, A Coruña e Pontevedra lideran o ranking de cidades galegas co maior número de pedidos. En concreto, o polbo á galega favorito dos vigueses sérvese en casa Pepe e Lola coa súa versión máis clásica de ‘polbo á feira’, seguido polo da Taberna Zentola en Pontevedra.
Outro dos pratos favoritos dos galegos é a empanada galega, variedade de empanada moi popular en todo o territorio. En 2022 pedíronse máis de 1.600 unidades, un 120% máis que no exercicio anterior. Aínda que existen infinitas opcións, as variedades de empanada rechea de atún, carne e polo foron as máis demandadas polos galegos. En concreto, a empanada de carne do restaurante vigués Pollo Crujiente El Corral sitúase na primeira posición do ranking, seguida pola empanada de carne de Café Bar Isabella Café na Coruña e, en terceira posición, a empanada de carne e polo de La Patrona en Lugo.

ÚLTIMAS

Denuncian o esquecemento municipal do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

Dende comezos de ano, unha vez pasado un tempo da xubilación da titular da...

O BNG presenta enmendas aos orzamentos da Xunta por máis de 80 millóns para a comarca da Coruña

Presentaban hoxe, en rolda de prensa,  as deputadas do BNG Mercedes Queixas e Iria...

A herculina Maia Freire proclámase doble campeona de España de Bádminton Sub 13

Continúa o Badminton Club do Mar demostrando que é unha das mellores canteiras de...

A Coruña substitúe o tren polo autobús durante unha semana

Con motivo das obras que Adif vai levar a cabo durante os días 10, 11,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here