InicioPOLÍTICAO BNG completa a súa lista para as Municipais con moita xente...

O BNG completa a súa lista para as Municipais con moita xente independente

Publicada o

Por editor
  • A candidatura féchaa Xosé Luís Armesto, ex reitor da UDC

 

Xa coñecíamos os nomes dos primeiros postos da lista do BNG para as eleccións do vindeiro 28 de maio. Pero onte, a Asemblea Local aprobaba por unanimidade o segundo tramo da candidatura da formación nacionalista. Unha lista chea de independientes, simbolizando que “cada vez hai máis sectores sociais que se achegan ao BNG, se senten identificados co noso proxecto de cidade e ven no Bloque a mellor ferramenta para que A Coruña desenvolva toda as súas potencialidades, para que lle deamos á cidade o impulso que precisa”, afirma o candidato do Bloque á Alcaldía, Francisco Jorquera.

Fiz Seixo, arquitecto e veciño da Agra do Orzán; Rocío Gómez, desempregada, activista polo dereito á vivenda en Stop Desafiuzamentos e veciña da Cidade Vella; Iago Pazos, traballador da refinaría de Repsol, membro do comité de empresa pola CIG e veciño de Santa Margarida; Pablo Méndez Carreira, profesor de música nun centro de ensino, pianista e pedadogo musical, director do coro de Canticorum, do coro Breogán da ONCE e do coro Coruña Cores, activista LGTB e veciño da Pescaría; e Teresa Castro, xubilada, defensora moi activa da sanidade pública e veciña da Praza do Libro, son algúns destes exemplos de veciñas que se unen a sumar ocupando os postos 15, 16, 17, 20 e 26 da candidatura, respectivamente.

De resto, Jorquera destacou que a candidatura do BNG configura un equipo “sólido e solvente”, con “moitas persoas novas e moi preparadas” e representa o que é A Coruña, unha cidade moi diversa tamén no territorial, e por tanto nela hai presenza de “veciños e veciñas” das distintas áreas da cidade. “Porque A Coruña é unha cidade de barrios e desde o BNG queremos pór os barrios no centro”, subliñou.

Cómpre resaltar o nome que pecha a lista: o prestixioso catedrático xubilado de Física Química, ex decano da Facultade de Ciencias e ex reitor da Universidade da Coruña Xosé Luís Armesto Barbeito.

A CANDIDATURA DO BNG:

  • 1.- Francisco Jorquera. O actual voceiro do BNG no Concello da Coruña. Licenciado en Historia pola USC.
  • 2.- Avia Veira. Concelleira nacionalista na Coruña. Membro do grupo municipal do BNG dende 2012. Foi responsable das áreas de Urbanismo, Mobilidade, Cultura e Servizos Sociais. É filóloga galega.
  • 3.- Mercedes Queixas. Deputado pola Coruña no Parlamento de Galicia. Membro do Instituto de Estudos Locais José Cornide, do Consello da Cultura Galega e académica da RAG.
  • 4.- David Soto. Catedrático de Dereito Público da UDC e representante sindical da CIG.
  • 5.- Ignacio Siota Mouzo. Actualmente traballa nunha sucursal bancaria. Foi o anterior Xefe Comarcal de Galiza Nova.
  • 6.- Guadalupe Martínez Junquera. Está estudando Socioloxía e é funcionaria da Administración autonómica. É militante do BNG dende 2019.
  • 7.- Xorge Castro Ruso. Traballa na biblioteca municipal da Sagrada Familia, pertence á xunta directiva da Asociación Cultural Alexandre Bóveda e tamén está vinculado ao mundo do teatro.
  • 8.- María Xesús Seijo García. Enfermeira con praza no Centro de Saúde dos Mallos e sindicalista da CIG, é presidenta da Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Coruña.
  • 9.- Raimundo Martinez Fraga. Estudo dereito. Vinculado ao ámbito das asociacións culturais e deportivas.
  • 10.- Carlos Varela Souto. Veciño do Barrio das Flores dende hai máis de 50 anos e militante sindical.
  • 11.- Celia Armas García. Secretario Comarcal da CIG Enseñanza. Compaxina esta tarefa coa da Secretaría Xeral da Mesa de Normalización Lingüística.
  • 12.- Manuel Francisco Méndez López. Vinculado ao movemento veciñal, foi secretario da AVV da Ería do Orzán e, en dous períodos distintos, presidente da AVV de Novo Mesoiro.
  • 13.- Keina Espideira Gonzalez. Doutora en Ciencia Política e da Administración, exerce como profesora e investigadora no Departamento de Socioloxía e Comunicación CC da UDC, con liñas de actividade en políticas sociais, migracións e antirracismo.
  • 14.- Iria Buxán Raposo. Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, especialista en relacións internacionais e con podio en xestión sostible da terra e do territorio. Militante de Galicia Nueva.
  • 15.- Fiz Seixo Vázquez (independente). Arquitecto. Veciño da Agra do Orzán.
  • 16.- Rocío Gómez Lema (independente). Desempregada. Activista polo dereito á vivenda en Stop Desafiuzamentos. Veciña da Cidade Vella.
  • 17.- Iago Pazos Díaz (independente). Traballador da refinaría de Repsol. Membro do Comité de Empresa pola CIG. Veciño de Santa Margarida.
  • 18.- Belén Gallart Concheiro. Autónoma. Veciña dos Mallos.
  • 19.- Xabier Pérez Couto. Matemático. Divulgador científico. Colaborador da Agrupación astronómica Ío. Veciño do Paseo das Pontes.
  • 20.- Pablo Méndez Carreira (independente). Profesor de música nun centro de ensino, pianista e pedagogo musical. Director do Coro de Canticorum, do Coro Breogán da ONCE e do coro Coruña Cores. Activista LGTB e veciño da Pescaría.
  • 21.- Teresa Ramiro Fernández. Mariscadora e poeta. Activista na defensa das artes e do patrimonio no colectivo In Nave Civitas. Veciña de Catro Camiños.
  • 22.- Manuel Bouzón Vila. Traballador xubilado de Emesa. Fotógrafo afeccionado. Veciño de Labañou.
  • 23.- Nicolás Neira Rivera. Estudante de Xeografía na USC. Galiza Nova. Activista nas peñas deportivistas. Veciño de Visma.
  • 24.- Beatriz Gómez Amigo. Activista do memorialismo na Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, da que foi presidenta. Veciña de Cances (A Silva).
  • 25.- Jorge González Fernández. Funcionario da Xunta de Galiza. Veciño dos Mallos.
  • 26.- Teresa Castro Ferreiro (independente). Xubilada, defensora moi activa da sanidade pública galega. Veciña da Praza do Libro.
  • 27.- Xosé Luís Armesto Barbeito. Catedrático xubilado de Física Química na UdC. Ex Decano da Facultade de Ciencias e ex Reitor da Universidade da Coruña.

Máis info

O BNG presenta unha candidatura de “solvencia” que contrapón a un goberno “inestable”

ÚLTIMAS

Pilar García Negro, Nova Escola Galega e ‘Aquí tamén se fala’ recollen o XV Premio Rosalía de Castro de Lingua

O coruñés Circo de Artesáns acolleu a entrega de galardóns do XV Premio Rosalía...

O Mundial 2030 na Coruña? o Concello e a Xunta piden implicación e o Dépor auséntase

O Concello da Coruña presentou este sábado cun acto no Palacio Municipal de María...

25 colectores incendiados noutra noite vandálica na Coruña

Os Bombeiros da Coruña tiveron que intervir nas últimas horas para apagar máis dunha...

Inés Rey: “Teñen a cidade secuestrada, tomada como refén por pretensións ilegais”

A alcaldesa da Coruña amosase contundente coa crise aberta no servizo de limpeza da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here