InicioCULLEREDOAs familias do Burgo volven ás mobilizacións pola cobertura do profesorado de...

As familias do Burgo volven ás mobilizacións pola cobertura do profesorado de baixa do Conservatorio

Publicada o

Por editor

Continúa sen solución, malia as promesas municipais, e tras máis de 6 meses, a falta de profesorado no Conservatorio de música de Culleredo. De aí que as familias anuncien que volven coas mobilizacións, despois de facer entrega dun feixe de sinaturas recollidas para a esixir ao Concello que cubra as baixas.

“Malia os anuncios feitos polo concello, a situación só mudou no sentido de que unha profesora de baixa reincorporouse, pero non porque se lle puxera solución a unha eiva que vén prexudicando enormemente ao alumnado do conservatorio”, explican dende a ANPA.

Así, a ANPA retomará este mércores as concentracións ás 17:00 da tarde, diante do propio Conservatorio.

A ANPA desexa “agradecer o apoio de centos de veciños e veciñas que se teñen achegado ao centro e respaldado as concentracións”. E deixa claro que “o Conservatorio é un orgullo para este municipio e as familias e o alumnado só queren defendelo e defender o seu mantemento”.

Nesa liña teñen solicitado ao conxunto da Corporación o compromiso orzamentario e de xestión. “Nin siquera é un problema orzamentario; é un problema de xestionar e de axilizar os trámites. Só hai que ser áxiles e capaces na xestión”.

Máis novas

ÚLTIMAS

“Feijóo só construíu 40 vivendas públicas na cidade sendo presidente da Xunta”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu reclamar que os fondos estatais asignados para...

“Foi o PP quen lle deu categoría a un partido fascista”, di Inés Rey de Vox

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rei, culpou ao PP e ao seu...

José Manuel Lage lamenta non poder ter competencias na área metropolitana da Coruña

O concelleiro delegado de Obras, Planificación Urbana e Proxectos Estratéxicos do Concello de Bilbao,...

Independencia ou desapego? A présa por ver medrar os nosos fillos

Unha reflexión sobre o apego, a saúde mental e a presión social por formar...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here