InicioA CORUÑASuso Díaz pecha a lista de José Manuel Sande á alcaldía da...

Suso Díaz pecha a lista de José Manuel Sande á alcaldía da Coruña

Publicada o

Por editor

Se onte a Marea Atlántica anunciaba que Xulio Ferreiro será o último posto da súa lista, hoxe é a coalición conformada por Podemos, Esquerda Unida e Alianza Verde a que anuncia outro nome singular para pechar a candidatura de José Manuel Sande á alcaldía nas eleccións do vindeiro 28 de maio.

O histórico sindicalista Suso Díaz, pai de Yolanda, pechará a lista de “Por Coruña”. Díaz foi traballador de Astano, onde desenvolveu unha intensa actividade sindical que o levou a ser det á cadea por negarse a pagar unha sanción inxusta. Desempeñou o cargo de Secretario Xeral de CCOO, liderando ao sindicato varios lustros. Nado en Ferrol, ten unha especial relación coa cidade herculina.

Sandre agradeceu “o paso que da agora para formar parte dunha candidatura de unidade onde as forzas políticas combinarán cunha diversidade de perfís de persoas independentes”.

ÚLTIMAS

Comezan os preparativos para os concertos no peirao de Calvo Sotelo

O peirao de Calvo Sotelo permanece pechado ao acceso público con motivo do comezo...

A Xunta e o Concello acordan a protección definitiva da Torre de Hércules como espazo natural

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a orde pola que se...

A transición enerxética no mar pasa polos combustibles verdes: a UDC avalía as opcións máis sostibles

Un estudo do investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI)...

Un veciño da Coruña, investigado por estafa nunha rede internacional

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a un veciño da cidade...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here