InicioBARRIOSA Batalla de Bandas do Flores Rock

A Batalla de Bandas do Flores Rock

Publicada o

Por editor

Afianzar o Flores Rock como referente na cidade. Ese é o obxectivo da Asociación Veciñal do Barrio das Flores que, xunto co Concello, convocan a primeira “batalla” de bandas para o singular festival. Un xeito de dar a oportunidade a bandas locais menos coñecidas de poder actuar como convidados no festival e de fomentar a cultura local.

As bandas gañadoras do concurso, que terá lugar o 8 de xullo na Sala Túnel, actuarán no Flores Rock, cuxa celebración está prevista para o 2 de setembro.

As bandas que desexen participar na batalla deberán facer chegar a súa solicitude antes do 14 de maio na dirección batallabandasfr@gmail.com. Deberán achegar tres temas orixinais en formato mp3, ogg ou ima e posuir un repertorio de directo que teña como mínimo un 70% de temas orixinais e que non sexa inferior aos 50 minutos.

ÚLTIMAS

A AMEGA achegou a realidade dos Medios en Galego ao alumnado de Ciencias da Comunicación da UD

Interesante xornada de reflexión sobre o panorama actual dos medios de comunicación acollía esta...

Obdulia Taboadela encabezará finalmente a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou esta pasada tarde de mércores 14...

Defensa do Común explica este venres como é a situación actual das urbanizacións da Maestranza en Portas Ártabras

Defensa do Común e a asociación veciñal da Cidade Vella anuncian para este venres,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here