InicioBARRIOSDefensa do Común explica este venres como é a situación actual das...

Defensa do Común explica este venres como é a situación actual das urbanizacións da Maestranza en Portas Ártabras

Publicada o

Por Redacción

Defensa do Común e a asociación veciñal da Cidade Vella anuncian para este venres, día 16, ás 20:00 unha sesión informativa na que explicarán toda a casuística relacionada coas parcelas do Campo da Estrada-Maestranza.

Explicarán a situación actual trala paralización ordenada polo Concello dos traballos que estaban a realizarse na parcela número 2, interrupción motivada polas reiteradas solicitudes formuladas por Defensa do Común ao estimar acreditados incumprimentos por parte da promotora relacionados coa concesión da licenza de obras outorgada no seu momento.

O acto informativo terá lugar no local social de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) coa intención de clarificar calquera dúbida xurdida en boa parte da veciñanza que habita os inmobles próximos. Benedito Álvarez, membro da directiva de Defensa do Común, ofrecerá as preceptivas explicacións sobre un asunto cuxo orixe remóntase a 2016 co anuncio da primeira poxa anunciada polo Invied.

A data deste acto resulta tanto máis importante canto que coincide precisamente cos seis meses transcorridos desde o 16 de abril, data na que o TSXG debatiu e votou o contido da sentenza, aínda que non a notificou ás partes. Como se lembrará, Defensa do Común interpuso no seu día sendos recursos tanto ao Estudo de Detalle da parcela número 2 como ao outorgamente da licenza correspondente, aínda que condicionada ao resultado do fallo xudicial.

Máis novas do proceso

Piden paralización real das obras da promoción de luxo na Maestranza

Esperan que o informe que impide construír unha parcela da Maestranza se extenda ás outras dúas que afectan á muralla

O barrio da Cidade Vella debate sobre a promoción, paralizada cautelarmente pero xa á venda, da Maestranza

“A publicación no BOP, 30 anos despois, do PERI da Maestranza, só corrobora que o proceso de urbanización non é válido”

Olladas doutro tempo

Olladas doutro tempo: O Campo da Estrada e o Aviador

Olladas doutro tempo: San Francisco e A Maestranza

ÚLTIMAS

A AMEGA achegou a realidade dos Medios en Galego ao alumnado de Ciencias da Comunicación da UD

Interesante xornada de reflexión sobre o panorama actual dos medios de comunicación acollía esta...

Obdulia Taboadela encabezará finalmente a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou esta pasada tarde de mércores 14...

A néboa obriga a desviar tres voos de Alvedro e provoca atrasos de ata tres horas nas saídas

A néboa provocou na mañá deste xoves desvíos e atrasos no aeroporto coruñés de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here