InicioCAMBRECambre mobilízase pola rotonda

Cambre mobilízase pola rotonda

Publicada o

Por editor

Arrincaron as mobilizacións en Cambre para buscar solucións aos atascos na Costa da Tapia. Fano, veciñanza e Concello, pedindo a construción dunha rotonda na entrada da AP-9, en O Temple. Unha obra que, como nos contaba o seu alcalde, Óscar García Patiño, xa se pedira no 2022 á subdelegación do Goberno na Coruña, pero que aínda non se executou.

Así, trala petición dunha acción social por parte do impulsor desta iniciativa, Daniel Garaboa, veciño da parroquia, e coa axuda da Asociación Veciñal O Temple, a Asociación de Empresarios Cambre Empresarial e o Concello, estáse a reclamar a execución da infraestrutura cunha recollida de sinaturas ao longo da semana e en diversos puntos do termo municipal.

Na vila consideran que habilitar unha rotonda provisional na saída da autovía, 100m antes da rotonda da Casa das Palmeiras, pode ser unha solución. “Esta infraestrutura permitiría probar a eficacia desta infraestrutura”, explican.

FOTO CAMBRE- Rotonda AP-9 5

Citas

As persoas interesadas en asinar a petición veciñal poden facelo no seguintes datas e lugares:

  • Os días 17, 19 e 21 de abril (de 17.00 a 20.30 horas) no arredores da Casa das Palmeiras.
  • Os días 18 e 20 de abril (de 10:00 a 14:00 horas) na Casa do concello.
  • Os días 22 e 23 de abril (de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:30 horas) no Mercado de Oportunidades do Temple, no polideportivo.

Ademais, as follas de rexistro tamén están dispoñibles nas instalacións colaboradoras do Temple e Cambre, así como nos rexistros de entrada do Concello.

ÚLTIMAS

Unha doutora a xuízo por acceder ao historial clínico dunha compañeira sen permiso

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará o vindeiro día 4 un xuízo no que...

Poucas novidades na constitución da Comisión Especial do Mundial 2030

Constituíuse hoxe a Comisión Especial sobre o Mundial 2030. Despois de máis dun ano...

Taxis da Coruña poderán recoller pasaxeiros en Alvedro

Concello da Coruña, Concello de Culleredo e Xunta de Galicia chegaron hoxe a un...

Sara Merso, a herculina de Cariño estrea hoxe no Garufa o seu primeiro disco en solitario

Leva 17 anos exercendo o xornalismo na Opinión, asinando como Sara Vázquez Lorenzo, e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here