InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOEste sábado, xornada de portas aberats no Museo Arqueolóxico do Castelo de...

Este sábado, xornada de portas aberats no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón

Publicada o

Por editor

Este sábado 22, de 10.00 a 19.30h, o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón estará aberto e acollerá diferentes actividades co gallo do Día Internacional dos Monumentos e Sitios Históricos.

Haberá duas visitas guiadas para público adulto, ás 12.00 e ás 17.00 horas.

Pola mañá, ás 12.00 horas, desenvolverase a actividade ‘Xogo de pistas: desafío no castelo’, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, e coa que se pretende dar a coñecer o que se agocha tras as portas de San Antón.

Poden inscribirse no teléfono do Museo Arqueolóxico (981 189 850), en horario de 10.00 a 19.30, para inscribirse.

Visitas guiadas polo Castro de Elviña

O Museo Arqueolóxico ten programadas ademais outra serie de visitas guiadas, neste caso ao Castro de Elviña, para o próximo 30 de abril, coincidindo co evento ‘Noite nos Crutos’, unha sesión de concertos ao aire libre que terán lugar o vindeiro domingo 30 de abril nas penas da Grela, enclave situado no Castro de Elviña, organizada polo Concello en colaboración coa asociación cultural e recreativa Tempo Novo de Elviña e Castro.

Neste sentido, durante ese domingo haberá tres quendas de percorridos guiados gratuítos polo Castro de Elviña (ás 10.00, 12.00 e 16.00 horas), para as que é preciso efectuar a solicitude a través do teléfono 981 189 850.

Haberá música tamén pola mañá, coa banda dos Rexumeiros de Elviña —agrupación moi enraizada en Elviña, que naceu nos anos 90—.e a asociación cultural Maghúa que actuarán no xacemento ás 11.00 e 13.00 horas, respectivamente, e pola tarde terá lugar un pasarrúas polos rueiros de Elviña e Castro, coas Escolas de Música de Tempo Novo como as protagonistas.

A xornada de tarde, presentada polo noso Xurxo Souto, arrincará ás 19:00h, dando paso ao grupo de cantareiros Maghúa, o prestixioso cuarteto bretón Le Gall-Carré e os propios Rexumeiros. O prato forte da xornada será o grupo tradicional Luar na Lubre, unha das bandas galegas máis internacionais e que ten a súa orixe na Coruña.

As entradas saíron á venda o pasado mércores 19 de abril, cun prezo de 10 euros. Poden adquirirse a través de Ataquilla.com ou no despacho de billetes da praza de Ourense, aberto de luns a venres en horario de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas.

Tamén o día 30, ‘Estirando el chicle’ chega ao Castelo de San Antón

Ademais, ese mesmo día, o 30 de abril (16.00 horas), o patio de Armas do Castelo de San Antón será o escenario para a gravación do programa ‘Estirando el chicle’, o podcast protagonizado por Carolina Iglesias e Victoria Martín, unha actividade incluída dentro da programación do Encontro Mundial do Humorismo (EMHU) 2023.

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Noite de gala social no Palexco este pasado venres coa entrega dos premios anuais...

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here