InicioPOLÍTICAMiguel Lorenzo presentou a súa candidatura arroupado por Rueda

Miguel Lorenzo presentou a súa candidatura arroupado por Rueda

Publicada o

Por editor

Acollía onte o Palexco a presentación oficial da lista do PP da Coruña. O candidato Miguel Lorenzo estivo arroupado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que se amosou convencido de que “A Coruña dará el gran abrazo” (o partido na cidade utiliza o castelán) a Miguel Lorenzo facéndoo alcalde.

O PP asegura recuperar “a maioría absoluta que non se debería perder” e que “permitirá poñer en marcha os proxectos que A Coruña merece e precisa”.

O partido volve facer alusión ao voto útil. “Se lle vai ben á Coruña, iralle ben a Galicia. E se vai ben a Galicia, iralle ben á Coruña”, sinalou Rueda.

O candidato á Alcaldía apelou á maioría, asegurando que o 28 de maio o xogo está en que A Coruña teña “un goberno sólido e maioritario, baseado na unidade, a escoita, a xestión e o equipo” ou “tres ou catro gobernos de perdedores que son só se vai unir para evitar que o partido con máis votos”.

ÚLTIMAS

Oleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu por San Xoá para purificar o mundo

Ademais do San Xoán de barrios da Coruña, pola comarca tamén tivo as súas...

200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da cidade

Nova noite de San Xoán a vivida na Coruña. Unha das citas máis especiais...

Deteñen un home tras agredir á súa parella e precipitarse pola xanela

A Policía Nacional da Coruña detiveron a un home por presuntamente agredir á súa...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here