InicioMOV. SOCIAISNova campaña para recuperar e revertir ao patrimonio da Coruña o vello...

Nova campaña para recuperar e revertir ao patrimonio da Coruña o vello cárcere provincial

Publicada o

Por editor

Defensa do Común, Asociación Veciñal de Atochas-Monte Alto e Proxecto Cárcere iniciaron un proceso para conseguir que o vello cárcere provincial da Coruña pase gratuitamente a patrimonio da Coruña. Así, difundiu un manifesto pedindo o seu apoio no que lembra que o vello cárcere provincial da Coruña foi construída nuns terreos mercados polo concello por 19.000 pesetas, que foron cedidos ao Goberno central en 1925 na Ditadura da Primo de Rivera.

O cárcere, inaugurada en 1927, ocupa unha parecela de 12.792 metros cadrados e ten unha superficie construída de 7.178 metros cadrados. O edificio está catalogado no actual plan xeral co nivel 2, protección estrutural, e a delegación coruñesa do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) seleccionaba o edificio do cárcere para celebrar o Día da Arquitectura o 3 de outubro de 2011.

O goberno municipal (PSOE) asinou en 2005 un convenio coa Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios e Seguridade do Estado (SIEPSE), dependente da Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias (Ministerio do Interior), comprometéndose a pagar 1,12 millóns de euros ao citado ministerio e ceder unha parcela de 9.000 metros cadrados para a construción do Centro de Reinserción Social. Os reclusos foron trasladados ao novo cárcere de Teixeiro, mais o concello no puido dispor do edificio do cárcere porque o goberno esixía o pago da cantidade comprometida.

A rehabilitación do edificio e a súa recuperación para o patrimonio da Coruña non pode depender de estratexias partidistas ou resultados electorais, tampouco do partido que goberne en Madrid”, denuncia a entidade. Por iso reclama un compromiso político que acabe co actual abandono que, por outra parte, podería poñer en perigo a declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, xa que o cárcere está no entorno protexido.

Os case 13.000 metros cadrados construídos permiten diversos usos, tanto para o conxunto da cidadanía, como para a veciñanza do barrio de Monte Alto: un espazo para a interpretación da Torre de Hércules, actividades socioculturais, fomento da creación e apoio á produción cultural e tamén atención á memoria histórica, xa que despois do golpe militar do 18 de xullo de 1936 foi un lugar simbólico na represión do réxime fascista”.

A plataforma lembra que tanto o pleno da Coruña como o do Parlamento galego aprobaron distintas iniciativas para conseguir a cesión gratuíta do cárcere. Ademais, anuncia que unha representación das entidades que apoien o manifesto participarán o xoves, 4 de maio, nunha concentración na porta do palacio municipal de María Pita, coincidindo coa celebración do Pleno da corporación municipal e entregarán o manifesto cos apoios a todos os grupos municipais. Enviará, ademais, un escrito a ICOMOS, órgano consultivo da UNESCO para a conservación do Patrimonio, para que demande do goberno municipal da Coruña e do goberno de España que tome as medidas necesarias para a rehabilitación urxente do cárcere. Finalemnte, tamén informará ás visitas da Torre de Hércules neste verán, en varios idiomas, “desta auténtica desidia”.

ÚLTIMAS

A seguridade na área sanitaria da Coruña: unha adxudicación de 13,8 millóns que Prosegur arrebatou a Eulen

O pasado luns pola tarde, no servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac),...

AMEGA, Leria e A Banda da Loba levaron o galego ao Playa Club

A música galega contemporánea segue tomando escenarios. Ese venres 7 de febreiro, co gallo...

“O Xerente da Área Sanitaria non sabe falar c@s traballador@s”

Aínda soan os ecos da manifestación realizada este pasado xoves 6 de febreiro no...

Galicia celebra o Día dos Medios en Galego lembrando o nacemento da primeira publicación en galego

Un 7 de febreiro de 1876, Valentín Lamas Carbajal editaba en Ourense O Tío...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here