InicioECONOMÍAHai intereses no transporte metropolitano?

Hai intereses no transporte metropolitano?

Publicada o

Por Juan Díaz Villoslada

Esta pasada semana o alcalde de Oleiros denunciou de forma ben chamativa, e ben necesaria, a negativa da Xunta de Galicia a manter a extensión a Santa Cristina da liña 1A do bus urbano da Coruña, extensión que viña funcionando durante os meses de verán e que tanto Oleiros como A Coruña veñen demandando da Administración autonómica que se autorice durante todo o ano, considerando os datos positivos de usos de viaxeiros.

Outras extensións do bus urbano que veñen operando en ámbitos de clara continuidade urbana son a 6 a Meicende (Arteixo) ou a 24 para atender varias urbanizacións da Zapateira, nos concellos de Culleredo e Arteixo. Outra zona sen interrupción urbana coa Coruña que debería de ter tamén extensión dos buses “vermellos” serían as do Burgo, O Portazgo ou Vilaboa, en Culleredo.

Pero pouco ou nada se avanza nesta cooperación intermunicipal que precisan as persoas que se desprazan por riba dos encorsetados límites territoriais de cada concello.

A Estratexia Galega de Mobilidade da Xunta de Galicia constata que no reparto modal dos desprazamentos na Coruña, casi o 90% das viaxes externas fanse en vehículo privado, fronte a un 9,5% no transporte público. Entre os dez municipios galegos con máis desprazamentos figuran os da Coruña, Oleiros, Arteixo e Culleredo. Oleiros presenta en invierno más desprazamentos que Ferrol e realiza cerca do 70% coa Coruña. Arteixo, sinala o mesmo documento, é atractor debido á industria e en Culleredo está situado e aeroporto, por certo con un servizo de taxi altamente deficitario. O 66,5% das viaxes do municipio
da Coruña realizanse con municipios da provincia, dos que un 68,7% corresponden a Oleiros, Arteixo, Culleredo, Cambre, Sada, Bergondo e Carballo.

Os datos reflicten claramente que a planificación e xestión do transporte público na área da Coruña precisan un enfoque e unha solución metropolitana, resultando insuficiente a xestión diferenciada entre o transporte urbano de competencia municipal e o interurbano de competencia autonómica.

Mais sistemáticamente vemos como demasiadas veces os intereses das compañías de transportes prevalecen sobre os intereses de miles de pasaxeiros que cada día se moven por unha área urbana de 400.000 habitantes. Exemplos e sentenzas xudiciais que o evidencian temos varios.

Tanto a Xunta da Galicia como a cidade da Coruña teñen que apostar con contundencia por unha mellor eficiencia do transporte metropolitano. A Xunta non parece decidida. A Coruña ten que renovar en 2024 a súa concesión de liñas urbanas. Os concellos metropolitanos precisan unha resposa conxunta.

Juan Diaz Villoslada

  • Juan Díaz Villoslada. Ex concelleiro de Urbanismo e Mobilidade co PSdeG-PSOE.

MÁIS ARTIGOS DE DÍAZ VILLOSLADA EN XDC

ÚLTIMAS

Os médicos dos hospitais cesan a súa actividade voluntaria ante a negativa da Xunta a negociar o fin da folga

Convocaba a Xunta ao sindicato O'Mega a semana pasdada, pero botouse atrás e a...

O PP pregunta polos avances da Comisión do Mundial 2030, pactados para febreiro, ante a nova visita da FIFA

Xa pasou máis dun mes dende a constitución da Comisión Especial sobre o Mundial...

A Subdelegación do Goberno prepara o operativo de seguridade para a eclipse solar do 12 de agosto

O subdelegado do Goberno na Coruña, Xullo Abalde, presidiu este luns unha reunión con...

O TSXG confirma 9 anos de cárcere por violar a unha muller ebria na Coruña: “Calquera home coñece os efectos do alcol”

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena a 9 anos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here