InicioSUCESOSDeclarado un incendio na planta de tratamento de Gestán en Arteixo

Declarado un incendio na planta de tratamento de Gestán en Arteixo

Publicada o

Por europapress

Á primeira hora deste domingo declarouse un incendio na planta de tratamento de Gestán en Morás, no municipio coruñés de Arteixo, aínda que os medios desprazados ao lugar apuntan a que está “controlado”.

Segundo informou o 112 a Europa Press, os primeiros avisos do lume chegaron ao redor das 8,30 horas. Tamén varios particulares alertaron do suceso ao ver a columna de fume que se desprendía das instalacións industriais desde a AG-55 e a A-6. Así, o servizo deu aviso aos bombeiros de Arteixo, Carballo e A Coruña, así como á Garda Civil, Protección Civil e Policía Local de Arteixo.

Tamén se puxo en coñecemento do ocorrido aos servizos sanitarios por se houbese que atender a algún ferido, aínda que finalmente non foi necesaria o seu labor; aos servizos ambientais da Xunta de Galicia e aos servizos forestais autonómicos, xa que nun primeiro momento o incendio apuntaba cara aos montes contiguos.

ÚLTIMAS

As traballadoras das residencias privadas reclaman mellores condicións para poder dar unha atención de calidade

Nova mobilización polas rúas da Coruña (é raro día que non haia colectivo denunciando...

As traballadoras da Rede de Escolas Infantís Municipais sacan a careta a Borrego

Despois de meses esperando que o Concello cumprise as súas preguntas, as traballadoras da...

Comeza a actividade presencial na Axencia de Intelixencia Artificial na Coruña

A Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial (Aesia) celebrou este venres o seu...