InicioMOV. SOCIAIS"O Sergas non cumpre coas Enfermeiras"

“O Sergas non cumpre coas Enfermeiras”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

“As Enfermeiras de Galicia estamos fartas de soportar ano tras ano os abusos da nosa Administración Pública (precariedade laboral, diminución de dereitos, aumento de ratios e carga asistencial, perda de poder adquisitivo…)”.

Así comeza o comunicado que lanza esta semana o Colectivo A por todas Coruña. Un comunicado que reincide nas eternas demandas deste colectivo vocacional, que pretende respostar á única e unilateral solución que propuxo o Sergas na Mesa Sectorial do pasado luns 29 de maio: un complemento retributivo enganoso.

“Este complemento non vai fomentar a contratación senon máis ben todo o contrario, dado que favorecerá a duplicidade de carga das Enfermeiras xa contratadas e desmotivará a
contratación, que é a nosa principal demanda durante todos estes anos: contratos estables e ratios adecuados para manter a seguridade dos nosos pacientes”, explican.

Os problemas de sempre

Lembran os eternos problemas que sofre o sector:

  • Non hai Enfermeiras nas listas de contratación: “haberá que analizar que acontece coas Enfermeiras que saen das nosas facultades e por que as listas de contratación están baleiras”, sinalan.
  • Non se fan contratos estables, “de forma que as enfermeiras eventuais buscan estabilidade na sanidade privada, noutras profesións, comunidades e incluso fora de España, porque se ofrecen mellores condicións”.

Autocoberturas

A precariedade á que se vén destinadas as enfermeiras do país ten unha consecuencia directa na calidade asistencial dos pacientes, e a administración intentan solventalo coas chamadas Autocoberturas.
“Mentres a precariedade laboral non se solucione e se precise a opción das autocoberturas, estas deben de ser retribuidas como o que son: Xornadas Complementarias Extraordinarias.

Así resumen as súas peticións:

Queremos poder dar coidados de calidade e con seguridade aos nosos pacientes e ás súas familias. Por eles, que confían en nos, seguimos adiante.
● Queremos condicións de traballo dignas e acordes á nosa alta cualificación, traballo de alta complexidade e considerable responsabilidade
● Queremos unha remuneración xusta no caso de ter que realizar autocoberturas segundo se acordou para as enfermeiras en xuño do 2022.

ÚLTIMAS

Diana Varela Puñal volve á poesía coa edición facsimilar de “Serea e Ulises”

Levaba 15 anos sen escribir poesía. I é que poñer a andar unha firma...

Así voan os pisos en todos os barrios Coruña

Segue a ser a vivenda o tema máis acaído en todas as conversas da...

Reiteran a petición de eliminar 446 placas franquistas de 135 rúas da Coruña

Trae de novo á palestra o activista pola memoria democrática Manuel Monge, a necesidade...

O Día da Ciencia na rúa trasládase este sábado aos Xardíns de Méndez Núñez

Este sábado 9 de maio, entre as 11.00 e as 19.00 horas, volven á...

1 COMENTARIO

  1. As enfermeiras teñen razon, pouco a pouco e ano tras ano estan perdendo poder adquisitivo. Si queremos enfermeiras habera que tratalas mellor pois gañan entre 500 e 600 euros menos que un profesor de primaria, que traballan a turno fixo de luns a venres con horarios de 5 horas, sen festivos, noitas e fin de semana e si falamos de vacacions ou responsabilidade, xa non ai cor.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here