InicioDEPORTESA derrota como identidade dunha cidade

A derrota como identidade dunha cidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

”Ser de los que ganan es muy fácil, uooo; Ser del Deportivo nos parece mejor”.

Esta simple rima futboleira sérvenos a moitos pais e nais de argumento único para facer medrar a semente branquiazul nas cabezas d@s nos@s fill@s. Educar na humildade, poñer o foco valores e non tanto na vitoria… razoamentos de autoengano para facer que as nosas crianzas “sufran tanto como hemos sufrido nosotros”…

Esta semana a cidade vive unha explosión de emocións encontradas, cos nos@s 4 principais equipos repetindo esa inaudita capacidade poñernos a mel nos beizos para despois deixarnos caer ao abismo.

En apenas unha semana vimos caer ao Basquet Coruña ás primeiras de cambio no playoff tras unha temporada ilusionante.
As chicas do Dépor Abanca quedaban o sábado a un só gol do soño do ascenso á 1ª División estatal.
E mentres o Hockey Liceo sumaba a súa segunda derrota ante o FC Barcelona (o xoves veremos se o poderoso coloso blaugrana xa nos manda para casa na final da OK Liga), o Dépor facíanos sufrir ata a extenuación.

Afeccionado do Depor na pantalla xigante de Riazor
Tremenda estampa que lucía onte o aparcamento de Riazor coa pantala xigante

Despois de ver a final da Champions League (que lle dis a un fillo que che di que se vai facer do Madrid, do Barsa ou do City?), a rapazada calzaba a camiseta branquiazul para encher o paseo marítimo arredor da gran pantalla que o Concello e a Federación de Peñas instalabanen Riazor. “Pero que tolemia colectiva é esta?”, pensamos ao pasar por alí.

Moitos xa tiñamos formulado o modo “autoprotección” despois de caer tantas veces (nomeadamente o San Xoán do Mallorca e o Albacete do ano pasado) dende tan arriba. Acodíamos a esta cita cunha autoimposta falta de ilusión polo ascenso, dándonos por perdidos de antemán. Pero este Dépor cruel, aparece e te volve levar por ese carrusel de emocións no que eternamente vivimos. Ese “sinvivir” ao que sempre fan referencia os Manuel e Benja de Cuanto Sufrimos Martín para explicar como esta mocidade, que non viviu os tempos de gloria deste club, enchen a cidade de ilusión. Non podíamos ter perdido 3-0 e aforrarnos hora e pico de sufrimento tal?

“Isto non é entertainment, amigo, entertainment é ir ao teatro”, bromeábamos mentres sufríamos entre bágoas dous amigos na “terraza” da Creedence.

Afeccionado do Depor na Creedence

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here