InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello de Betanzos denunciará no xulgado unha vertedura no río Mendo

O Concello de Betanzos denunciará no xulgado unha vertedura no río Mendo

Publicada o

Por europapress

No marco dos problemas co abastecemento de auga que vive a vila, o Concello de Betanzos anunncia que presentará unha denuncia ante o xulgado para que investigue unha vertedura que se produciu a pasada noite do martes ao río Mendo e que foi detectado polos servizos de control e seguimento de Viaqua na zona de captación de auga, segundo informa.

O forte “cheiro fecal” e a cor da auga fixeron que os responsables do servizo desprazásense río arriba durante a noite para tentar dar coa orixe da vertedura. Segundo puideron constatar, e así se reflectirá no seu informe, tanto o cheiro como a turbidez da auga prolongábase río arriba ata a zona coñecida como Ponte dos Cabalos, no límite entre Coirós e Oza Cesuras.

Os feitos puxéronse en coñecemento do consistorio e do Seprona por parte dos servizos da empresa concesionaria. Ademais, á primeira hora da mañá do mércores, axentes da Policía Local desprazáronse xunto a membros de Viaqua ata a zona de captación onde aínda era visible a vertedura.

O informe elaborado, xunto ao que elabore a empresa do sucedido esta mesma noite, ademais de fotografías e vídeo e da analíticas da auga de tomas realizadas durante a noite de onte e esta mañá, que xa foron enviadas a laboratorio, serán achegadas na denuncia por parte do consistorio.

ÚLTIMAS

7,5M para melloras en 4 centros educativos da Coruña

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou a directores de...

As 10 rutas da Samaín que fan barrio: De estrea na Sagrada Familia

Seguimos percorrendo a cidade en clave de Samaín. Despois de parar coa doble cita...

O Concello da Coruña promove unha campaña de concienciación no lecer nocturno por Samaín

O Concello da Coruña promove unha campaña de concienciación no lecer noturno polo Samaín...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio: O Castrillón

Seguimos percorrendo a cidade en clave de Samaín. Despois de parar coa doble cita...