InicioA CORUÑAUn domingo de descubrir novas disciplinas deportivas

Un domingo de descubrir novas disciplinas deportivas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Mágoa do tempo, que empañou lixeiramente (sobre todo ao comezo e ao final da xornada) esta fermosa, pero curta, xornada da XXXVI edición do Día do Deporte na Rúa. Unha iniciativa municipal que reúne a 75 entidades deportivas da cidade, encantadas de ensinar a súa disciplina deportiva, para que, hoxe, máis de 2.000 persoas (sobre todo nen@s) disfruten descubrindo deportes aos non teñen acceso habitualmente.

A zona das Escravas, a contorna do pavillón e a praia de Riazor convertíronse nun verdadeiro estadio cheo de diversas propostas. Entre chaparrón e chaparrón quedaron apenas 2 horas (pouco tempo para tanta oferta, lamentaban as familias), para poder probar o bádminton, a ximnasia artística,o taekwondo, escalada, marcha nórdica, o tiro con arco, a esgrima, o boxeo… ou os socorrismo, kaiak, fútbol americano, quiddich, rugby, fútbol gaélico, skate, tenis, volei…

En calquera caso, é unha demostración da riqueza e variedade de clubs que temos na cidade. Uns clubs como o Atlétic Coruña de Hockey herba, os Fill@s de Breogán de Fútbol Gaélico, os Towers de fútbol americano, os Dementores de quiddich, o Crat de Rugby… disfrutaban descubrindo ás novas fornadas de deportistas os segredos dos seus singulares deportes.

Esperemos que o ano que vén se aumente o horario desta singular xornada familiar.

ÚLTIMAS

Centos de persoas do comercio de alimentación volven mobilizarse por un “convenio digno e salario xusto”

Centos de empregadas e empregados do comercio de alimentación da provincia coruñesa secundaron as...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...

Conclúe sen achegamento de posturas a primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na Coruña

A primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na provincia da...

O Concello reforza a campaña de limpeza e concienciación por San Xoán

O Concello da Coruña reforzará a campaña de limpeza e de concienciación con motivo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here