InicioMOV. SOCIAISA comunidade educativa concentrouse contra os recortes na FP presencial

A comunidade educativa concentrouse contra os recortes na FP presencial

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Consellería de Educación anunciaba a semana pasada a eliminación para o curso 2023 – 2024 Ciclos de FP na modalidade de persoas adultas presencial en diversas familias profesionais.

Unha decisión que alterou a toda a comunidade educativa do mundo da FP de todo o país. Non foi menos na cidade da Coruña, e un grupo de estudantes prantouse o pasado venres diante dos edificios da Xunta de Elviña, na Delegación de Educación.

O estudantado rexeita a supresión de prazas que se está a dar nos centros educativos con oferta formativa de FP como na cidade o CIFP Ánxel Casal, no que se pasarían a eliminar os CS de Mediación Comunicativa, Integración Social e Educación Infantil na modalidade modular presencial.

“As nosas titulacións están orientadas a facilitarlle a vida a persoas en situación de vulnerabilidade, polo que consideramos a presencialidade fundamental para recibir a mellor educación posible, para ser realmente de utilidade e proporcionar un bo servizo”, explica Hayden Dopico Cardemil.
“Trátase dunha decisión unilateral, imposta e sen previo aviso que prexudica un modelo de ensino de calidade e que vai en detrimento da igualdade de oportunidades a nivel educativo”.

Lembran que o profesorado apenas tivo 24 horas para manifestarse, e lamentan que a Consellería “venda o aumento de prazas a distancia como xustificación pero iso non é viable na meirande parte dos ciclos, sobre todo na rama de Servizos Socioculturais e á comunidade, onde as competencias se adquiren mediante a interacción entre o profesorado e o alumnado”.

Repercusións

Consideran que esta decisión terá repercusións, entre outros, nos seguintes aspectos:
– A imposibilidade de continuidade de estudos na modalidade escollida para 149 estudantes no CIFP Ánxel Casal, sendo preto do 90% deste alumnado mulleres.
– O desprezo aos centros educativos como espazos de socialización e promoción de hábitos de convivencia e vida saudable.
– A negación de oportunidades de educación ao alumnado con poucos recursos económicos, reducindo a oferta pública presencial.
– O alumnado matriculado na modalidade de adultos presencial verase na obriga a cambiar á modalidade de distancia antes de rematar o ciclo formativo.
– O alumnado que non obteña praza na oferta presencial pública non lle quedará máis remedio que buscar oferta en centros privados.
– A meirande parte do alumnado verase na obriga de abandonar os estudos por non axustarse esta modalidade as súas necesidades.
– O alumnado non recibirá o acompañamento educativo que precisa (menos actividades prácticas guiadas, traballo en equipo, etc).
– Perda en xeral de calidade no ensino, tendo en conta que a presencialidade facilita a formación da competencia profesional no ámbito dos servizos socioculturais e a
 comunidade (sentido crítico, valores de xustiza social e respecto das persoas, importancia dos coidados…).

 

 

ÚLTIMAS

Mostra de forza na Coruña no primeiro día de folga do metal

Potentes imaxes das manifestacións desenvoltas onte co gallo do primeiro día (dos tres convocados)...

CIG-Servizos denuncia o bloqueo do convenio da hostalaría na Coruña e chama á mobilización

CIG-Servizos denunciou a "falta de avances" e "o bloqueo" na negociación do convenio colectivo...

30 anos da Gala do CIFP Imaxe e Son para esixir un #teatronaeisxa

Así está dende hai dous anos o auditorio do CIFP Imaxe e Son de...

Inés Rey vende en Anveres (Bélxica) o modelo de cidade-porto da urbe herculina

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou este mércores en Anveres (Bélxica) na reunión...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here