InicioBARRIOSA Parva acolle a exposición ‘Bosquexos no mercado’ do alumnado da EASD...

A Parva acolle a exposición ‘Bosquexos no mercado’ do alumnado da EASD Pablo Picasso

Publicada o

Por editor

A Parva, a cantina do mercado de San Agustín, acolleu este pasado venres a inauguración da exposición ‘Bosquexos no mercado’. Unha mostra colectiva composta por obras do alumnado da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, que permanecerá no interior do mercado ata setembro.

Son máis dun cento de bosquexos feitos polo alumnado de 1o curso de Ilustración e Deseño Gráfico en diferentes formatos e técnicas en visitas organizadas por varios docentes á praza.

A exposición nace dos apuntes feitos no propio edificio para o estudo da perspectiva no módulo de Debuxo Aplicado á Ilustración, que imparten os profesores Carlos Alfonzo e Javier Macho, e das prácticas de traballo de campo na disciplina de Debuxo Artístico da especialidade de Deseño Gráfico, a cargo da docente Gloria R. Simón. “Moitos dos participantes nunca asistiran a clase de debuxo nin fixeran debuxo natural na rúa”, apunta o profesorado. Na mostra hai imaxes de interior e exterior do mercado, de praceiras, postos ou obxectos. Á inauguración asistiron hoxe diversos membros da comunidade escolar, entre eles, os tres profesores que guiaron ao estudantado nos traballos.

A exposición poderá visitarse no horario de apertura habitual da Parva: de luns a xoves entre as 9.00 e as 16 horas; venres, de 9.30 a 20.00 horas e os sábados, de 9.30 a 16.30 horas.

 

ÚLTIMAS

O Dépor galeguizará en maio o seu nome. A mocidade fai historia

Tivo que chegar un grupo de mozos e mozas duns instituto de Labañou, de...

9 creadores galegos serán recoñecimos co novo galardón ao talento dixital no EMHU

Tamara García Romero (grtamara), Pablo Meixe, Santiago Caamaño (Champi Muros), María Foscaldo (Mery Fos),...

O Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

Enorme despregadura de medios a realizada este martes 14 de abril sobre todo arredor...

Comezou o derrubo dun edificio abandonado nos Mallos

O Concello comezou onte a demolición do edificio situado na rúa Puerto Rico, no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here