InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA creación de comunidades enerxéticas locais, o novo proxecto da Cámara da...

A creación de comunidades enerxéticas locais, o novo proxecto da Cámara da Coruña e o Instituto Tecnolóxico de Galicia

Publicada o

Por Águeda Cernadas

O director xeral da Cámara de Comercio da Coruña, Manuel Galdo, e o director do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Carlos Calvo, asinaron este mércores un convenio de colaboración para o impulso de comunidades enerxéticas locais na área.

Segundo informaron, as comunidades enerxéticas locais son unha resposta eficiente e sustentable aos desafíos enerxéticos da actualidade. Desta forma, explicaron que con esta colaboración poderán facilitar ás empresas información, apoio na procura de financiamento e proxectos chave en man.

O obxectivo principal é promover a produción, distribución e consumo de enerxía renovable a nivel comunitario, mediante a autosuficiencia enerxética, a eficiencia e a redución de emisións.

Ambas as institucións traballarán para “expandir esta solución” que permitirá, por exemplo, que nun polígono industrial os propietarios das empresas existentes poidan decidir cando e como abastecer, consumir, almacear e distribuír a enerxía renovable que eles mesmos xeren.

ÚLTIMAS

O Dépor galeguizará en maio o seu nome. A mocidade fai historia

Tivo que chegar un grupo de mozos e mozas duns instituto de Labañou, de...

9 creadores galegos serán recoñecimos co novo galardón ao talento dixital no EMHU

Tamara García Romero (grtamara), Pablo Meixe, Santiago Caamaño (Champi Muros), María Foscaldo (Mery Fos),...

O Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

Enorme despregadura de medios a realizada este martes 14 de abril sobre todo arredor...

Comezou o derrubo dun edificio abandonado nos Mallos

O Concello comezou onte a demolición do edificio situado na rúa Puerto Rico, no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here