InicioMOV. SOCIAISA Mesa convoca unha concentración de defensa da toponimia oficial, este venres ás...

A Mesa convoca unha concentración de defensa da toponimia oficial, este venres ás 12h no Obelisco

Publicada o

Por editor

Diante das que entenden como “provocacións protagonizadas os últimos días por parte dun grupo ultra que está a contratar valados publicitarios para deturpar os nomes oficiais de varias localidades galegas“, A Mesa pola Normalización Lingüística vén de convocar á cidadanía a concentrarse este venres, día 30 de xuño, ás 12h, no Obelisco da Coruña para defender a toponimia oficial das nosas cidades e vilas.

A cidadanía respondeu masiva e inmediatamente a través das redes sociais, obrigando mesmo a retirar algúns dos valados, pero a entidade de defensa da lingua considera necesario “amosar tamén nas rúas a oposición frontal ás agresións galegófobas e defender, unha vez máis, a Lei de Normalización Lingüística, que no seu artigo 10 establece que a única forma oficial dos topónimos é a galega”.

A Mesa recorda que “os poderes públicos deben actuar en defensa da lei e contra o uso reiterado e sistemático das formas deturpadas tanto nesta campaña publicitaria como na sinaléctica, nos medios de comunicación ou mesmo mapas dixitais como os de Google”. “Atacar e  ocultar a nosa toponimia é facelo tamén coa nosa dignidade colectiva e a capacidade de dicirlle ao mundo quen somos e onde estamos”, defende un manifesto promovido na rede pola entidade de defensa da lingua.

Por iso, piden tanto á Xunta de Galiza como ao Goberno español e aos concellos tomen “todas as accións necesarias para garantir o cumprimento da legalidade na toponimia, instar as compañías de xeolocalización a que empreguen as formas correctas e oficiais dos nomes de lugar e manifestarse contra as campañas de odio á lingua galega e á denominación do seu territorio”.

Novas relacionadas

Hablamos Español traslada a polémica de “Sangenjo” a “La Coruña” cun novo valado

ÚLTIMAS

O mapa de BiciCoruña conta xa con 79 estacións

Segue mellorando o grupo de goberno o servizo de BiciCoruña. A recta final da...

Renova Galiza, cando a diáspora fai país en Galicia e en Cataluña

Galicia, Cataluña e a visión de galegas e cataláns na construción da conciencia nacional....

Falece a moza acoitelada no seu piso da Coruña tras non superar a gravidade das feridas

A moza que, na tarde do sábado, foi supostamente acoitelada no seu piso da...

Sumar reclama a dimisión de Inés Rey e Lage Tuñas trala publicación dos audios

"Que se che meta na puta cabeza que quen lidera o partido en Coruña...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here