InicioARTEIXOUn EscapeMotor de rallycross e autocross

Un EscapeMotor de rallycross e autocross

Publicada o

Por Xurxo Varela

Este pasado xoves, o programa SKPMotor de CuacFM, foi moi completo. Comezamos o programa co noso habitual “Momento Buraco”. E fomos ao concello veciño de Culleredo, onde localizamos un buraco na rúa Alcalde Electo Carballo.

Entrevistamos por teléfono a Celestino Iglesias, piloto de Ribadumia. O pasado domingo 22 de marzo celebrouse a primeira carreira do Campionato de España de Rallycross (CERX Loterías) no Circuíto Municipal Antonio Vadillo en Miranda de Ebro, e Celestino foi o gañador na categoría Super RX N5 ao volante do seu Ford Fiesta N5 preparado por RMC Motorsport. Lembremos que Tino xa foi Campión de España de Rallycross en 2022 e 2023.
“Tino Iglesias” contounos que leva competindo en rallys desde 1990 e é un habitual do Campionato. Club Galego de Rallymix e organizador do Rallymix de Ribadumia, que se celebrará este ano os días 25 e 26 de xullo.

Nos estudios de CuacFM Coruña acompañáronnos Carlos Bouza, presidente, Lionel Rizzi, membro do Club de Autocross de Arteixo, e o noso colaborador Rubén Castro de Eu Autocross.

O sábado 21 de marzo, o circuíto José Ramón Losada en Arteixo acolleu a 88ª edición do Campionato Galego de Autocross cunha gran participación, chegando aos 90 pilotos na grella de saída. O equipo do Club de Autocross de Arteixo mantén a pista en perfectas condicións para as carreiras, garantindo que tanto espectadores como pilotos gocen da “Catedral” do Autocross.

Carlos e Lionel faláronnos dos cambios que están a realizar nas instalacións de Morás coa posibilidade de albergar unha rolda do Campionato Europeo de Autocross en 2027.
A competición volverá ao circuíto o sábado 27 de xuño.

Podes escoitar o programa nesta ligazón. ou acceder a todos os seus programas no seu espazo en www.cuacfm.org. E tamén podedes seguir tamén a través das redes sociais en Facebook e Instagram @escapemotor.cuac.

Máis novas

Espectacular inicio do Campionato Xunta de Galicia de Autocross na «Catedral» de Arteixo

ÚLTIMAS

PSOE e BNG sacan adiante o Plan de urbanización do Parque da Agra coa oposición do PP e da veciñanza

Cunha concentración de veciños e veciños da Agra ás portas do Palacio de María...

Detido un home tras un apuñalamento nos Mallos

Un home foi detido por apuñalar outro durante unha disputa en A Coruña, segundo...

Galicia Design Week: Achegar o “bo deseño” aos ollos da cidade

A Coruña prepara a mirada para aprender do “bo deseño” na sétima edición da...

Cano incluirá A Coruña na súa xira estatal de 2027 co ‘Anais Tour’

A Coruña será unha das dez cidades da xira estatal de 2027 de Cano,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here