Máis dunha vintena de veciños e veciñas afectados polo proxecto da Xunta para impulsar nova vivenda na zona coruñesa de Monte Mero concentráronse ás portas dun acto institucional do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na cidade herculina con motivo do 25N.
“Vannos quitar as nosas casas, somos case 200 persoas ás que botan á rúa para facer 4.000 vivendas”, destacou a presidenta da Asociación de Veciños de Eirís, Mónica Díaz, en declaracións a Europa press tras recalcar que lles van a expropiar “a dez euros metro cadrado”.
Respecto diso, explicou que “teoricamente” o Executivo galego vailles a entregar “unha vivenda a cambio de cada casa”. “Non só é un tema económico, tamén polo modo de vida, queren meternos nun piso”, engadiu.
Ademais, incidiu en que a “maioría” dos afectados “son xente maior” e tamén “persoas con necesidades especiais”. “Non sabemos ata que punto o que nos dean adaptarase a eles”, sinalou.
Doutra banda, criticou que mentres dure o proceso de construción os afectados deberán “estar como pouco cinco anos vivindo de aluguer ata que nolas entreguen”.
Máis novas do proceso
Monte Mero contará con 4.397 vivendas e un investimento autonómico de 66 millóns
Luz verde ambiental á “bomba urbanística” para construír máis de 4.000 vivendas en Monte Mero
A urbanización do Monte Mero, unha “bomba urbanística” para o anel verde da Coruña

