InicioBARRIOSPresentado o PERI renovado da nova urbanización do Castrillón co retranqueo das...

Presentado o PERI renovado da nova urbanización do Castrillón co retranqueo das torres pero coa mesma edificabilidade

Publicada o

Por Redacción

O plan urbanístico para erguer a nova urbanización de Oza (dunhas 1.000 novas vivendas) no barrio do Castrillón, foi presentado esta semana pola Xunta de Compensación Parque de Oza, integrada polo propietarios dos terreos, máis dos 50% en mans duns 150 particulares e veciños do propio barrio, e o resto son propiedade de Aliseda, a Fundación Juana de Vega, la Sareb, o propio Concello da Coruña e varias mercantís). O novo PERI, que incorpora as suxerencias e indicacións presentadas durante o trámite de Avaliación Ambiental por particulares, asociacións veciñais e administracións, xa está en mans Concello para que poida iniciar a súa tramitación administrativa.

En resposta á recomendación da Xunta respecto a minimizar o impacto visual das tres torres proxectadas, viráronse e retranqueáronse os volumes, deseñando un escalonamento de cinco plantas cara a Antonio Ríos que permite reducir a cornixa edificatoria a escala do peón, e aumentado a separación entre elas coa fin de obter máis perspectiva visual e permeabilidade desde o interior de todo o ámbito. A destacar, tamén, o incremento de espazos verdes, que acadan os 12.724 metros cadrados, isto é, un 93,36% máis que o esixido na propio PXOM. Se a eles sumamos os espazos libres privados de uso público, o espazo libre disfrutable case alcanza os 20.000 metros cadrados.

A urbanización afecta a 66.383 metros cadrados, e a edificabilidade contemplada segue a ser fixada polo PXOM, 136.704 metros cadrados, referendada pola Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta no seu trámite.

Un espazo de memoria que funcionará como un edificio conector de tránsito

Outro dos cambios singulares da proposta reformada ten que ver co antigo concello de Oza. Este espazo de memoria amplía o seu significado e a súa función. Se inicialmente se expuña só unha fronte cara á rúa Montes agora lévase ata a rúa Antonio Ríos, redeseñando un equipamento público que funcionará, ademais, como un edificio de tránsito que facilite aos veciños a mobilidade en vertical, conectando ambas as rúas con ascensores e mellorando por tanto a accesibilidade e conectividade dun barrio complexo polo seu propio relevo. Tal e como solicitou o informe de Medio Ambiente da Xunta de Galicia entrégase tamén un estudo de soleamiento completo, nas distintas estacións do ano e en distintas franxas horarias.

Vivenda protexida e 1.300 árbores

É preciso lembrar que o 10% da edificabilidade residencial será para vivendas de protección oficial xestionadas polo propio Concello da Coruña e que, en aplicación da regra 3, 30, 300 o barrio incorporará coa execución deste proxecto 1367 árbores, isto é 1 árbore por cada cen metros cadrados de edificabilidade. Entre estas zonas verdes e os dous grandes parques que rodean ao Castrillón este será, probablemente, o barrio coruñés con máis zona verde ao seu dispor.

Máis novas

A Xunta de Compensación “Parque de Oza” presenta o borrador do PERI da urbanización do Castrillón

A veciñanza do Castrillón pide menos edificabilidade e máis VPO na nova urbanización

ÚLTIMAS

“Non son clientes, son puteros e agresores”. A campaña do 25N da Deputación

Crúa e directa a campaña que da Deputación da Coruña polo 25N, Día Internacional...

Veciños de Monte Mero na Coruña concéntranse contra o plan de vivendas da Xunta: “Quítannos as nosas casas”

Máis dunha vintena de veciños e veciñas afectados polo proxecto da Xunta para impulsar...

Récordo no Chuac: 1.000 transplantes desde o 1991

O equipo de transplante cardíaco do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) realizou o...

A primeira curta da herculina Ángela Andrada estréase con Premio

Falabamos a semana pasada de Garabato, a nova curta de Alicia Úbeda con Brava....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here