InicioA CORUÑAA primeira curta da herculina Ángela Andrada estréase con Premio

A primeira curta da herculina Ángela Andrada estréase con Premio

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Falabamos a semana pasada de Garabato, a nova curta de Alicia Úbeda con Brava. Hoxe, da man da produtoria herculina, coñecemos «Avisa cando chegues», de Ángela Andrada.A ópera prima da directora e guionista coruñesa vén de recibir o recoñecemento da Mostra de Curtas de Noia no seu arranque por festivais. A curta coruñesa foi galardoada co Premio Pedro Brandariz da XXVII Mostra Internacional de Curtas Vila de Noia como mellor curtametraxe.
Esta obra de Ángela Andrada como directora supón a súa estrea na dirección cinematográfica e confirma a chegada dunha nova voz ao panorama audiovisual galego cunha gran traxectoria previa xa consolidada como guionista.

A película tivo a súa estrea mundial na novena edición de INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña, co pasado mes de outubro. Posteriormente, a curtametraxe continuou o seu percorrido polo circuíto de festivais, con presenza no 14º Festival De Cortometrajes Diputación De Jaén Contra La Violencia De Género, calificador aos Premios Goya.

Unha historia sobre recuperar a propia vida

Avisa cando chegues segue a Claudia, unha moza de vinte anos que regresa a Galicia despois de pasar un curso estudando en Madrid. Nunha vila practicamente baleira durante o outono, Claudia enfróntase á primeira noite de festa despois de sufrir unha agresión sexual meses atrás.
Mentres a súa familia e as súas amizades intentan protexela, ás veces desde unha actitude de sobreprotección, Claudia tamén loita cos seus propios medos e inseguridades. Porén, o seu desexo de recuperar a autonomía, retomar a súa vida e volver sentirse ela mesma é máis forte.

A película aborda así as consecuencias dunha agresión sexual desde unha perspectiva íntima e xeracional, poñendo o foco non só no trauma, senón tamén no proceso de recuperación, na liberdade individual e na importancia de acompañar sen limitar.

Avisa cando chegues unha curta de Angela Andrada

Ángela Andrada, voz emerxente do audiovisual galego

Coruñesa, graduada en Comunicación e con formación en guión, Ángela Andrada desenvolveu a súa traxectoria en diferentes formatos audiovisuais, incluíndo ficción televisiva, ficción sonora e cine. Tras participar en proxectos como Adeus, Berta, dá agora o paso á dirección cinematográfica con esta primeira curtametraxe.
A produción corre a cargo de Brava, produtora galega que continúa apostando polo desenvolvemento de novas voces e historias con identidade propia.

“Garabato”, da herculina Alicia Úbeda, a única curta galega seleccionada no ZINEBI 68

Este martes arrinca na Filmoteca de Galicia o Norte Cinema Diverso, o festival de cinema LGTBIQ+

 

ÚLTIMAS

As cifras de inserción da Fundación Secretariado Xitano

Recibíu onte unha visita institucional a Fundación Secretariado Xitano, co gallo do convenio renovado...

A MMM convoca a manifestación do 25N no centro e a Plataforma PICUS na praza Pablo Iglesias

Este mércores é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e son varias...

Calcinada por completo unha vivenda abandonada na Coruña

Un incendio orixinado na madrugada deste mércores nunha vivenda abandonada da rúa Calexa, na...

Denuncian un novo contrato privatizador da área sanitaria da Coruña-Cee

A CIG-Saúde da Coruña denuncia a aposta do Goberno galego por continuar privatizando a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here