InicioA CORUÑAEn marcha un ciclo de charlas de educación viaria para promover unha...

En marcha un ciclo de charlas de educación viaria para promover unha mobilidade responsable

Publicada o

Por Redacción

O Concello da Coruña iniciará no mes de abril un novo programa de charlas de educación viaria dirixido á poboación adulta, co obxectivo de fomentar hábitos seguros nos desprazamentos e reducir os riscos asociados aos atropelos en vías urbanas.

Este programa enmárcase nas políticas municipais de prevención e seguridade viaria, que buscan reforzar a información e a sensibilización cidadá sobre o uso responsable do espazo público. Neste sentido, prestarase especial atención a cuestións como o respecto das normas de circulación, o uso adecuado dos pasos de peóns ou a convivencia entre peóns e vehículos.

Diversos estudos e datos de seguridade viaria sinalan que unha parte significativa dos atropelos prodúcense en contornas urbanas e están relacionados con distraccións ou prácticas de risco no cruzamento de vías. Por iso, estas accións formativas céntranse na prevención e na adquisición de rutinas seguras, contribuíndo a reducir a sinistralidade e a mellorar a convivencia nas rúas.

Polos centros cívicos

A primeira sesión terá lugar o vindeiro 14 de abril, ás 18.30 horas, no centro cívico dos Mallos, e marcará o inicio dun calendario de encontros que se desenvolverán de forma progresiva nos distintos barrios da cidade, achegando esta iniciativa a todos os centros cívicos municipais.

O programa desenvolverase nos meses de abril e maio co seguinte calendario de sesións:

  • Mallos: 14 de abril, ás 18.30 h
  • Monte Alto: 16 de abril, ás 10.00 h
  • Cidade Vella: 21 de abril, ás 11.00 h
  • Os Rosales: 23 de abril, ás 11.00 h
  • Elviña: 30 de abril, ás 10.00 h
  • San Diego: 5 de maio, ás 10.30 h
  • Castrillón: 6 de maio, ás 10.00 h
  • Eirís: 7 de maio, ás 10.30 h
  • Monelos: 12 de maio, ás 11.00 h
  • Novo Mesoiro: 15 de maio, ás 11.05 h
  • Mesoiro: 20 de maio, ás 12.00 h
  • Palavea: 26 de maio, ás 17.30 h

 

ÚLTIMAS

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...

Jardinería Arce S.L. consegue o contrato de 2,7 millóns de euros para o mantemento e conservacións de áreas infantís

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o contrato de mantemento, conservación, limpeza...

Albalat, A Cidade das Rías, a metrópole e o transporte público

Case mellor imos a pé. --- ---- --- Buscando e recollendo datos sobre obras non catalogadas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here