InicioA CORUÑAA CIG anuncia mobilizacións ante a "persecución e represión" de Lage Tuñas...

A CIG anuncia mobilizacións ante a “persecución e represión” de Lage Tuñas a unha delegada sindical no Concello da Coruña

Publicada o

Por europapress

A sección sindical da CIG denunciou “a persecución e a represión” que está a sufrir unha delegada no Concello da Coruña. Así o manifestaron representantes do colectivo nunha rolda de prensa convocada este xoves na cidade herculina para informar da “persecución, acoso e represión” que o concelleiro de Persoal do consistorio, José Manuel Lage Tuñas, exerce sobre a delegada da central nacionalista Cristina Díaz, a quen impuxo “unha sación de 15 días de suspensión de emprego e soldo por unha falta grave”.

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, en rolda de prensa.. PSDEG
José Manuel Lage Tuñas

Os representantes do sindicato xriticaron a actitude “rencorosa e vengativa” coa que, na súa opinión, Lage xestiona a persoal de servizo municipal. Para a CIG, o concelleiro vincula á delegada da CIG como “responsable de comentarios negativos en redes sociais sobre a súa persoa”, feito que cualificou de “rigorosamente falso” pero que provocou o “acoso sistemático contra a compañeira”.

Estas actuacións “antisindicalistas e antidemocráticas”, segundo engade, foron denunciadas nos xulgados e son derivadas do “traballo sindical de denuncia contra a xestión de persoal, o uso arbitrario das comisións de servizo, a súa ilegalidade e a non execución das sentenzas que por este motivo acumula o Concello da Coruña”.
Respecto diso, Carballo lamentou que o PSOE “non quixese atender a solicitude de reunión cursada pola CIG, que se atenderon o PP e o BNG” ante estes “actos de represalia”.

MOBILIZACIÓNS

Ademais, anunciaron a convocatoria dunha concentración este venres día 7, ás 11,30 horas na praza de María Pita.

A VERSIÓN MUNICIPAL

Segundo informan dende o consistorio, “O concello formulou un expediente a un funcionario por difusión de datos persoais dos usuarios dos servizos sociais fóra do concello, o que constitúe unha infracción grave por vulnerar a protección de datos. A área de Benestar solicitou a incoación de expediente para os devanditos feitos”, sinalan.

 

ÚLTIMAS

Festas, libros, arte, música, eclipse. Arrincou un agosto do cine na Coruña

Este sábado arrincou o mes de agosto na Coruña, o mes onde pasa todo....

Piden vixilancia arqueolóxica municipal nas obras das vivendas de luxo da Maestranza

As máquinas levan semanas executando obras de movemento e excavación de terras na parcela...

O Concello presenta unha nova edición do calendario histórico

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este luns unha nova edición do calendario...

Tres persoas continúan ingresadas polo incendio nun edificio da Coruña, dous delas na unidade de queimados

Tres das persoas --once en total-- que resultaron feridas este domingo nun incendio rexistrado...