InicioMOV. SOCIAISTraballadoras de San Brandán esixen a aprobación do convenio

Traballadoras de San Brandán esixen a aprobación do convenio

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
5 anos leva sen renovarse o convenio colectivo das traballadoras de San Brandán. Unha situación que as leva a realizar diferentes mobilizacións como a desenvolta esta tarde de xoves polo centro da cidade.
Medio centenar de traballadoras cortaban o final da Avda. de Fisterra e o comezo de Juan Florez para berrar “por un convenio colectivo digno” diante da tenda da Praza de Pontevedra.
Manifa STL San brandan 2
A concentración parou a berrar diante da tenda que a empresa ten ao comezo de Juan Florez
Son 140 traballadoras de 26 tendas as afectadas polo retraso na aprobación do convenio, que deixa a moitas delas con soldos entre os 850 e os 950 euros por 40 horas. “É incrible que nin sexamos mileuristas a estas alturas”, explica a representante de Sherezade Benítez, representante do sindicato STL, lembrando que unha das peticións máis básicas é que se lles faga efectiva a suba do IPC do 16%.
O sindicato, que sobrevive trala polémica a comezos de ano arredor do contrato do lixo, lidera as mobilizacións a pesar de contar con presenza só no comité de empresa de tendas, non de fábrica, e non ter participación na mesa de negociación do convenio. Unha mesa que se segue desenvolvendo en presenza da CIG, UGT e CCOO. “Tivemos que vir os pequenos para axitar aos sindicatos que non desactivan unha negociación estancada”, apura Sherezade.
“Fixémonos ver e sobre todo oír”, sinala satisfeita da mobilización de hoxe ao tempo que lembra a convocatoria de folga indefinida e intermitente cunha primeira sesión para o 16 de xullo.

ÚLTIMAS

O comercio Xusto celebra 40 anos en España e 21 na Coruña

Hai pouco cumpliron 20 anos en Galicia, pero en realidade as entidades que formamos...

A Cruz Vermella celebrou o seu Día Mundial na Coruña cunha gran singular foto na Matadoiro

O persoal da Cruz Vermella na Coruña celebrou encheu este venres de vermello a...

17 centros de ensino público galegos demostraron o enxeño do alumnado galego na V Liga Maker Dron

Máis de 170 alumnos e alumnas participaron onte no Coliseum na V Liga Maker...

Queres saber cales son os primeiros grupos confirmados do Festival Noroeste?

Echo & The Bunnymen, Bongeziwe Mabandla e Mari Froes conforman as primeiras confirmacións do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here