InicioPOLÍTICASumar e BNG sacan peito tralo “cara a cara”

Sumar e BNG sacan peito tralo “cara a cara”

Publicada o

Por editor

Os grupos de Sumar e BNG quixeron alzar a voz trala celebración dun cara a cara dos tempos do bipartidismo.

A cabeza de lista de Sumar pola Coruña, Marta Lois, sinalou que o debate demostrou que “máis que nunca é necesario o estilo Yolanda, con solvencia nos datos, propondo solucións aos problemas, apelando ao diálogo”. Lois manifestou que a “política é moito máis que dous homes dándose zascas” e lamentou “o ruído, que fose bronco” e que “se falou pouco de controlar o aluguer, o SMI, a saúde bucodental, e de saír unha hora antes de traballar”.
Así mesmo, no mesmo audio remitido aos medios, Lois conveu que é “unha vergoña que a JEC permitise este debate onde máis do 40 por cento do hemiciclo quedou fóra e non se viu representado”.

Pola súa banda, o candidato número uno do BNG pola provincia da Coruña, Néstor Rego, fixo un chamamento a votar ao Bloque ás persoas “defraudadas” co trato dos partidos estatais a Galicia.
Nun acto en Ames, Rego criticou que partidos de ámbito estatal demostraron, ao seu xuízo, ter un comportamento “sumiso e bipolar” porque votan de forma diferente no Parlamento galego e no Congreso. “O único voto útil é o do BNG porque defende os intereses do noso país”, afirma o candidato nacionalista pola Coruña.
Por iso, apela a votar ao Bloque para que Galicia “teña unha voz propia e forte en Madrid e pór freo á dereita”. “Por iso animamos a coller a papeleta do 2×1. Non hai voto máis útil en Galicia que o voto ao BNG: o único que defende os intereses galegos en Madrid e que, ao tempo, vai contribuír a evitar un goberno de dereitas no Estado”.

ÚLTIMAS

A xornada de folga para “parar o xenocidio” arrincou coa mobilización do estudantado

Arrincaron as mobilizacións públicas no marco da folga xeral convocada este 15 de outubro...

A ‘asasina de anciás’ de Cataluña volve ao punto de mira: investigan a Remedios S. por unha morte en Monelos

Remedios S.S., a galega condenada por matar a anciás en Cataluña hai case dúas...

O loteiro acusado de quedar cunha Primitiva millonaria será xulgado en abril

O xuízo contra o loteiro da Coruña acusado de quedar cunha Primitiva millonaria será...

Derrubados os muros do Xardín do Observatorio para abrir “un anaquiño” do Parque da Agra

Arrrincaban en agosto as obras para liberar o Xardín do Observatorio, e esta mañá...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here