InicioCAMBRETres días de castrexos e romanos na Romaría Castrexo-Romana Galaicoi

Tres días de castrexos e romanos na Romaría Castrexo-Romana Galaicoi

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Volven á batalla castrexos e os romanos no marco da sexta edición do Galaicoi de Cambre. O castro acollía onte a presentación oficial da romaría, na que tiveron especial protagonismo as Asociación Cultural Santa María do Temple, Asociación de Amas de Casa Bribes, Asociación de Amas de Casa de Cambre, Aires de Sigrás e Gallaecia Viva.

Unha festa que pretende poñer en valor a historia de Cambre, recuperar e sacar proveito do castro e impulsar o desenvolvemento económico do concello.

A Romaría Castrexo-Romana Galaicoi comezará, nun recinto acondicionado ao carón do Colexio Wencelaso Fdez. Flórez (ver ubicación) o venres, 14 de xullo, e prolongarase ata o domingo, día 16. En canto ao horario, o venres será de 17:00 a 1:00 horas, sábado de 11:00 a 14:00 horas: 00:00 e de 17:00 a 1:00 horas e o domingo, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

O recinto convértese, durante tres días, nun auténtico pobo castrexo cunhas 30 cabanas. O Concello recibiu preto de cincuenta solicitudes para a ocupación destas construcións. Da cifra, 23 corresponden ás de asociacións veciñais, culturais e deportivas. Non obstante, a romaría no castro estará aberta a todas as persoas que o desexen.

O programa comezará o venres, ás 17.00 horas, coa asemblea do clan. Este encontro levará á declaración de guerra e ao inicio das hostilidades entre os dous bandos (17.30 horas). Desde ese momento ata o final, os bandos enfrontados entablarán múltiples batallas ata o domingo 16 de xullo, cando asinarán o tratado de paz. O programa da romaría incluirá un mercado con preto de cincuenta postos, obradoiros, guerras e escaramuzas, pasarrúas, pasacalles e actividades de animación musical, concerto da Compañía Festicultores (venres, 14, ás 23.00 horas), representacións teatrais, etc. .

Actividades infantís

O Concello tamén organizará numerosas propostas para nenos e nenas. O programa infantil contará con estacións con xogos tradicionais e reciclados e tamén con campionatos castrexos con diferentes probas físicas.

As propostas infantís comezarán o venres pola tarde e desenvolveranse durante toda a fin de semana. En canto ao horario, os postos de xogo e as atraccións estarán dispoñibles o venres ata as 22:00 horas e os sábados e domingos de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 22:00 horas. Os campionatos castrexos tamén comezarán o venres pola tarde, e continuarán o sábado e o domingo, de 12:00 a 15:00 e de 18:00 a 22:00 horas (aproximadamente cada hora).

Programación completa (podes descargar o pdf)

VENRES 14 de XULLO

  • 17.00Asemblea de Clans: Que veñen os romanos! Castromaior
  • 17.30: Declaración de Guerra e comezo das hostilidades (Clans locais, Gallaecia Viva, Cohors III Lucensium, A Castronela de Friol) Casa do Concello
  • 17.45​: Campionatos castrexos para nenos (Castromaior, toda a tarde)
  • 18.00​: Desfile de castrexos e romanos pola Galaicoi, cara aos seus campamentos
  • 22.30​: Teatro: Xemelos, comedia de Plauto (Compañía Noite de Bohemia)
  • 23.00: Verbena: Orquestra Festicultores Troupe. Festicultura O Millor para Sanar as Amarguras. Rede Cultural Deputación da Coruña. Castromaior

A partir das 17.00: música, espetáculos, circo e humor no mercado:

  • 17.45​: Sonidos da Antiga Roma (Upsalá)
  • 18.00: Obradoiro de forxa artística
  • 18.15​: Polifemo, o cíclope (Human no limits)
  • 19.00​: Obradoiro de talla en pedra
  • 19.00​: Mimir, o libro máxico (Cyrcusport))
  • 19.30​: Os músicos do Imperio (Upsala)
  • 20.00: Obradoiro de elaboración de perfumes
  • 20.15​: O Deus Branco (Arhifa)
  • 20.45:  Chega o clan! (Human no limits)
  • 21.15​. O resurxir de Marte (Arhifa)
  • 21.30: Obradoiro de alfareiría
  • 21.45​: Animación musical (Upsalá)
  • 22.45​: A Furia de Vulkano. Lume e circo. (Human no limits)

SÁBADO 15 DE XULLO

  • 11.30​: Xogos romanos (Gallaecia Viva). Antecastro
  • 11.45​: Campionatos castrexos para nenos (Castromaior, todo o día)
  • 12.00​: Escaramuza entre Castrexos e Romanos (Cohors III Lucensium, A Castronela de Friol e Clans Locais)
  • 13.00​: Caupona e microteeatro: showcooking e degustación de pratos da época (Gallaecia Viva). Antecastro
  • 13.30: Desfile dos lexionarios romanos pola Galaicoi e parada na praza Europa (Cohors III Lucensium)
  • 17.00​: Xogos olímpicos castrexos. Castromaior
  • 18.00​: Suovetaurilia. Ceremonia romana (Gallaecia Viva). Antecastro
  • 19.00: Asedio e asalto ao Castromaior (Cohors III Lucensium, A Castronela de Friol e Clans Locais). Castromaior
  • 21.00: Desfile dos lexionarios romanos pola Galaicoi (Cohors III Lucensium)
  • 22.00: Teatro: Medea, traxedia de Eurípides (Compañía Noite de Bohemia). Teatro
  • 23.00 horas: Concerto musical no Castromaior (Upsalá)

A partir das 11.00: música, espetáculos, circo e humor no mercado

  • 11.00​: Animación musical Roma (Upsala)
  • 11.00: Obradoiro de acuñación de moeda
  • 11.30: Os comerciantes (Human no limits)
  • 12.00: Obradoiro de talla de madeira
  • 12.30: O rexurgir de Marte (Arhifa)
  • 13.00: Obradoiro de repuxado de metal
  • 13.30: Os músicos do Imperio (Upsala)
  • 13.30​: Minotauro e a deusa Persa (Human no Limits)
  • 14.00: Obradoiro de cota de malla
  • 14.00: Pequeno Dragón (Arhifa)
  • 17.30: Animación musical (Upsalá)
  • 18.00​: Obradoiro de alfareiría
  • 18.30 :Espectáculo de circo (Human no limits)
  • 18.45:O Deus Branco (Arhifa)
  • 19.15​: Obradoiro de acuñación de moeda
  • 19.30​: Os músicos do Imperio (Upsalá)
  • 20.15:Mimir, o libro máxico (Cyrcusport)
  • 20.30​: Obradoiro de forxa artística
  • 21.00​: O Bestiario (Human no limits)  
  • 21.30​: Obradoiro de vimbio
  • 22.00​: O resurxir de Marte (Arhifa)
  • 22.30: A Furia de Vulcano. Lume e circo. (Human no limits)

DOMINGO 16 DE XULLO

  • 11.30​: Xogos romanos (Gallaecia Viva). Antecastro
  • 11.45​: Campionatos castrexos para nenos (Castromaior, todo o día)
  • 12.30​: Escaramuza entre Castrexos e Romanos (Cohors III Lucensium, A Castronela de Friol e Clans Locais)
  • 13.00: Caupona: showcooking e degustación de pratos da época (Gallaecia Viva). Antecastro
  • 13.30​: Desfile dos lexionarios romanos pola Galaicoi e parada na praza Europa (Cohors III Lucensium)
  • 18.00​: Gladiatura (Gallaecia Viva). Parque da Igrexa
  • 19.00: Última batalla no Castromaior (A Castronela de Friol, Gallaecia Viva, Cohors III Lucensium e Clans Locais). Castromaior
  • 19.45: Sinatura da Paz e entrega da Tessera Hospitalis (Clans locais, Cohors III Lucensium, A Castronela de Friol e Gallaecia Viva). Castromaior
  • 20.30: Teatro (Gallaecia Viva + Corzo Producciones). Teatro
  • 20.30​: Peche do mercado

A partir das 11.00: música, espetáculos, circo e humor no mercado.

  • 11.00: Animación musical Roma (Upsala)
  • 11.15​: Obradoiro de vimbio
  • 11.30​: Os faunos (Human no limits)
  • 12.00​: Obradoiro de cota de malla
  • 12.30​: O Deus Branco (Arhifa)
  • 13.00​: Obradoiro de repuxado de metal
  • 13.30​: Os músicos do Imperio (Upsala)
  • 13.30​: O danzar de Venus (Human no limits)
  • 14.00​: Obradoiro de talla en peedra
  • 14.00​: Pequeno Dragón (Arhifa)
  • 17:00: Animación musical (Upsalá)
  • 17:00​: O resurxir de Marte (Arhifa)
  • 17.15​: Obradoiro de acuñación de moeda
  • 17.15​: Minotauro e a deusa Persa (Human no Limits)
  • 18.00​: Obradoiro de elaboración de perfumes
  • 18.30: Gaia, a Deusa (Human no Limits)
  • 18.30​: Os músicos do Imperio (Upsalá)
  • 18.30​: Pequeno Dragón (Arhifa)
  • 19.15​: Obradoiro de repuxado de metal
  • 19.30​: O danzar de Venus (Human no limits)
  • 19.30​: Sonidos da Antiga Roma (Upsala)
  • 19.30: ​Mimir, o libro máxico (Cyrcusport)

 

ÚLTIMAS

Tres acusados de asasinato, un por cómplice e a moza, absolta, no xuízo de Samuel Luiz

O xurado do xuízo pola malleira mortal a Samuel Luiz declarou culpable de asasinato a...

Alas Coruña celebra que o veredicto do xurado popular polo asasinato de Samuel recolla a “motivación homófoba”

A asociación LGTBI+ Alas Coruña, entidade que exerce a acusación popular no caso do...

As defensas dos acusados do asasinato de Samuel anuncian recursos

Avogados da defensa na malleira mortal a Samuel Luiz anunciaron recursos tras o veredicto de...

A “anormal” a situación que se dá en Galicia con respecto ao galego

A Biblioteca provincial da Coruña acolleu este venres a xornada 'Lingua con dereito. Dereito...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here