InicioPOLÍTICAFormoso renova como presidente da Deputación co despoboamento, emprego e protección social...

Formoso renova como presidente da Deputación co despoboamento, emprego e protección social como retos

Publicada o

Por europapress

A Deputación da Coruña quedou este martes constituída. E fíxoo sen sorpresas, co socialisra Valentín González Formoso, alcalde das Pontes, como presidente. Un Formoso que no seu discurso de investidura destacou como prioridades do organismo provincial o despoboamento, o emprego e a protección social.

A proposta do Partido Popular, Evaristo Ben, quedouse con 14 dos 31 deputados na institución, mentres que o PSOE a investidura sumou 17 (os 10 socialistas, máis os 6 do BNG e o voto de Alternativa dos Veciños). Do ente provincial desparece, como do mapa político global, a Marea que perdeu o único representante que tiña no anterior mandato.

González Formoso inicia unha nova etapa “con responsabilidade, gratitude e ilusión”. O socialista renovou o seu compromiso de “promover a prosperidade na provincia”, idea que segundo explicou “vertebrou a acción de goberno á fronte da Deputación no últimos oito anos”.

O presidente reivindicou, ademais, “a mellor política” baseada no respecto e o diálogo “fronte á confrontación permanente, os vetos e as posicións dogmáticas”. Así mesmo, anunciou que traballarán por unha provincia “do futuro, industrial e rural, cohesionada social e territorialmente, unha Coruña dixital e innovadora”.

Tras repasar algunhas das medidas do seu oito anos á fronte do Goberno provincial, entre os principais obxectivos para o presente mandato destacou “vencer o reto poboacional e demográfico” e “axudar a voltear a pirámide poboacional en Galicia desde A Coruña”. “O noso obxectivo é subliñar a cooperación cos municipios, impulsar o emprego e revitalizar o rural”, dixo.

De igual modo, recalcou a aposta social do organismo, así como o seu compromiso “inquebrantable” na loita contra a violencia de xénero.

Outro dos proxectos anunciados polo presidente é a construción e posta en marcha do Coruña Estudo Inmersivo (CEI), o maior estudo audiovisual virtual de España, que se situará na Cidade do TIC.

Formoso Regueira 4
Formoso con Regueira, o deputado do BNG que fixo de Vicepresidente na anterior lexislatura

COLABORACIÓN COA XUNTA

Tras a sesión constitutiva na Coruña, en declaracións aos medios, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu a González Formoso “a man tendida no seu discurso para colaborar entre todas as administracións” e apelou a esa colaboración “de forma recíproca”. “A Deputación é unha institución moi potente, que ten moitas competencias e moitos labores complementarios para colaborar”, apostilou.

“É fundamental e non se entendería nestes momentos que por encima da cor política que presida cada deputación non haxa unha colaboración estreita, insisto, entre administracións moi pontentes”, recalcou.

Con este acto, lembrou, quedan constituídas o catro deputacións galegas e por tanto “a arquitectura institucional despois das municipais de maio queda completada”. “Queda empezar a traballar”, agregou.

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...