InicioDEPORTESVari@s xogador@s do Fill@s de Breogán, ao Mundial de Fútbol Gaélico

Vari@s xogador@s do Fill@s de Breogán, ao Mundial de Fútbol Gaélico

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A familia do Fútbol Gaélico Galego medra paseniñamente. Este deporte de orixe irlandesa, que enche estadios de 100.000 persoas no seu país malia ser “senporsen” amateur, ten en Galicia unha Liga das mellores de Europa, que representa a irmandade galego-irlandesa.

E así o demostrará a Selección Galega do 24 a 27 de xullo de 2023, coa súa participación no Mundial de fútbol gaélico que se vai celebrar na localidade norirlandesa de Derry. O combinado galego tentará repetir os éxitos alcanzados no último Mundial en 2019 cando alcanzou a 3ª posición na categoría feminina.

A expedición, formada por 60 persoas, ten todo preparado para saír cara Irlanda do Norte para competir por chegar ao podio tanto en categoría feminina como masculina.

Nos combinados haberá representación herculina, da man das Fill@s de Breogán. O club coruñés alzouse co título da Liga Galega 2022/2023 en categoría masculina e campioas no primeiro All-Galicia feminino.

 

Seleccion Galega feminina de Futbol Gaelico 2023

Así, nos combinados galegos, nas féminas entre as seleccionadas atopamos as coruñesas Jenny Gonzalez, Eva Lago, Vanesa Puente, Leticia Zapata e Alba Fontán.
Entre os homes: Bruno López, Javier Cagiao e Sergio Serantes.

Seleccion Galega feminina de Futbol Gaelico 2023

Todos formarán parte da historia da Selección Galega de Fútbol Gaélico.

Pero ademais hai outros que competirán con outros combinados:

concretamente:
– Javi García coa selección de Europa masculina.
– Paula López, Olalla García e Carmen Fernández coa selección de Iberia feminina.
– Martín Fernández, Diego Sánchez, Álvaro Formoso e Víctor Santos coa selección de Iberia masculina.
– Jois Lelli coa selección de Italia masculina.

ÚLTIMAS

Concello e Goberno Central, e a Xunta, lánzanse as responsabilidades sobre os cooperativistas de Xuxán

Continúa a problemática dos cooperativistas de Xuxán. O que apenas hai 3 meses era...

Inés Rey destaca a ordenanza municipal sobre pisos turísticos: “Hai que pedirlle á Xunta que cumpra a lei”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a ordenanza municipal aprobada para regular os pisos...

Lembran que as bases estratéxicas do Plan Coruña Marítima volve omitir a titularidade dos terreos

Xa dimos conta da pantomima disfrazada de participación cidadá vivida o pasado venres no...

A Coruña celebrará os 25 anos do título de Liga do Dépor

O luns 19 de maio cúmplese un cuarto de século do único título de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here