InicioBARRIOSAberta a exposición cos traballos presentados ao concurso para a rehabilitación do...

Aberta a exposición cos traballos presentados ao concurso para a rehabilitación do mercado de Santa Lucía

Publicada o

Por editor

Ata o vindeiro 18 de agosto, a sede da delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), ubicada no número 64 da rúa Federico Tapia, acolle unha mostra sobre o concurso de proxectos para a rehabilitación do mercado de Santa Lucía.
Un espazo que compaxinará tres usos: será centro de saúde, centro cívico e mercado municipal.

O acto de apertura da exposición, promovida polo COAG coa colaboración do Concello, tivo lugar este luns ás 19.00 horas, e foi acompañado pola conferencia ‘Mañana sale el sol’, impartida polo arquitecto Francisco Burgos, socio fundador de Burgos & Garrido Arquitectos e director do proxecto que presentou a proposta finalmente gañadora.

A través da mostra, que estará aberta no horario habitual de atención ao público na sede do COAG, poderase coñecer polo miúdo todas as propostas que se presentaron ao concurso, así como achegarse á estratexia de reconversión do antiguo mercado, situado no barrio da Falperra, nun edificio mixto de usos públicos.

 

O Concello encomendou xa ao servizo de Contratación a tramitación do expediente de contratación coa licitadora Burgos & Garrido Arquitectos para levar a cabo a redacción do proxecto de rehabilitación do mercado de Santa Lucía como estudo gañador do concurso de ideas, que asumirá tamén a dirección da obra.

ÚLTIMAS

Xa chegan os buses a Xuxán

Agroman os edificios como cogumelos no barrio de Xuxán, e por fin as infraestruturas...

“O solo público municipal non está para resolver os problemas de Metrovacesa”

Xa preguntou o PP a semana pasada pola intención do grupo de goberno de...

O Tío Benito do Santo xa ten unha rúa en Curtis

Segue Curtis recoñecendo o legado do Tío Benito do Santo. Esta fin de semana,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here